Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Policía Local dispón desde hoxe de dous novos coches patrulla nos que o Concello investiu 60.000 euros


# Xoves, 19/12/2013
O Alcalde dixo na presentación dos vehículos que o Concello prosegue a modernización de medios para a Policía Local 

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Alcalde, José López Orozco, presentou hoxe dous novos vehículos adquiridos polo Concello con destino á Policía Local, nun acto celebrado diante da Casa do Concello no que estivo acompañado polo Xefe da Policía Local, Manuel Novo, e do Xefe do Parque Móbil municipal, José Reigosa, 

O Alcalde explicou que a compra destes dous coches patrulla, que supuxeron un investimento de 60.000 euros, forma parte do traballo constante de modernización de dotación dos mellores medios á Policía Local de Lugo.

López Orozco sinalou que “merece a pena facer este esforzo económico dende o Concello porque estamos a falar de seguridade e de proporcionarlle á Policía Local os mellores medios para que poida velar pola seguridade dos lucenses”.

A Policía Local dispón nestes momentos de 17 coches patrullas e de 8 motos. Os vehículos presentados hoxe, que foron adquiridos para ter modernizada a flota de vehículos da Policía Local, dispoñen dos mellores equipamentos, están rotulados dacordo coa normativa autonómica e xa levan incorporado o novo escudo de Lugo. 

Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova