Cargando....
Ayuntamiento de Lugo
16/04/24
NOTICIAS
Escucha esta página

Este fin de semana disputaranse no Pazo Municipal dos Deportes o V Trofeo Cidade de Lugo de baile deportivo


# Jueves, 19/12/2013
 A competición conta con máis de 200 deportistas inscritas chegadas dende diversos puntos de España e Portugal

Imaxe Asociada
 O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, Berta Figueras e Ruben Díaz da Escola de Baile Star Dance, presentaron esta mañá o V Trofeo Cidade de Lugo de Baile Deportivo, que se disputará este domingo a partir das 12:00 horas no Pazo Municipal dos Deportes de Lugo.

Díaz Grandío destacou o enorme esforzo que “leva a cabo este clube deportivo para poder celebrar na nosa cidade unha competición destas características, puntuable para o Campionato de España e que se está afianzando dentro do calendario deportivo” e animou a todos os cidadáns a disfrutar co baile “que tamén é un deporte federado”.

Según destacou Rubén Díaz, serán 100 as parellas participantes que chegan dende diferentes puntos de Galicia, España e dende Portugal que serán xuzgados por cinco árbitros nacionais. As demostracións serán de baile deportivo no que destacan as modalidade de Standard e Latinos. Ademais destacou que a idade dos participantes vai dende os 2 anos dos máis pequenos, e que farán unha exhibición con 10 parellas de baile, ata os maiores de 55 anos. A venda de entradas será no propio Pazo Municipal dos Deportes.

Escuchar audio:
Escuchar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre ventana nueva Instituto de Crédito Oficial,Abre ventana nueva