Imprimir

O SERVIZO DE AUTOBUSES URBANOS MODIFICA O SEU HORARIO CON MOTIVO DA NOITEBOA


20/12/2013 O servizo de autobuses urbanos modificará o seu horario o vindeiro martes, día 24, con motivo da celebración da Noiteboa, segundo comunica a área de Transportes do Concello de Lugo.

Como é habitual o día 24 todas as liñas do transporte urbano de Lugo finalizarán unha hora antes, agás as liñas 14, 14A e 14B que realizan o servizo de transporte ó Hospital Universitario Lucus Augusti que non terán ningunha alteración no seu horario.