Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello crea unha zona de xogos infantís en Paradai e traballa na instalación dun Circuito Biosaudable en Casas Vellas


# Venres, 20/12/2013
A zona de xogos, da que xa poden disfrutar os nenos e nenas nestas vacacións de Nadal, supuxo un investimento de máis de 36.000 euros

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Alcalde anunciou que os xardíns nos que se sitúa a nova área de xogos levará o nome de Doutor Miguel Angel González


O Alcalde, José López Orozco, e o Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez, visitaron hoxe unha nova zona de xogos infantís que pon en servizo o Concello na zona de Paradai.

A nova zona de xogos entra en servizo aproveitando as vacacións escolares de Nadal e está situada nuns xardíns que, segundo anunciou o Alcalde, “van levar o nome do Doutor Miguel Angel González, un home moi querido e moi recordado, que loitou para conseguir que o HULA teña todos os servizos polos que aínda estamos loitando agora”. 

O Concello investiu 36.100 euros na creación desta área de xogos que ocupa 230 metros cadrados nunha zona dotacional que é propiedade do Concello froito do Polígono número 1 de Paradai.

O parque de xogos dispón de dous columpios, un tobogán, un vaivén, un carrusel xiratorio e unha torre multidisciplinar.

Ademais, o espazo acondicionouse con pavimento amortiguador de seguridade recuberto por céspede artificial. Asimesmo instalou un valado de protección e seguridade e colocouse tamén un cartel indicativo de uso dos xogos.

Parque biosaudable 

O Alcalde anunciou tamén outra iniciativa que está a desenvolver na zona o Concello. 
Trátase das obras para a instalación dun Circuito Biosaudable na rúa Casas Vellas que atenderá unha demanda dos veciños das Gándaras que queren dispor destes elementos para a realización de exercizo físico acaído para as persoas maiores. 
Este Circuito Biosaudable ocupará unha superficie duns 130 metros cadrados e estará dotado con sete elementos de xogo e solo de céspede artificial.

Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova