Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde amosa o seu respecto pola decisión de Antón Bao de deixar o Concello de Lugo


# Venres, 20/12/2013
López Orozco lamenta a marcha dunha “gran persoa” e salienta que Bao foi quen de conxugar a defensa das súas posicións nacionalistas coa capacidade para chegar a acordos 

O Alcalde, José López Orozco, expresou hoxe o seu máximo respecto coa a decisión de Antón Bao de renunciar ó seu posto de Concelleiro.

López Orozco destacou o seu “máximo respecto cara a decisión persoal de Antón Bao e a decisión do seu partido”.

“Eu non quero olvidar nunca que os políticos somos seres humanos e vaise do Concello unha gran persoa, polo que tedes que comprender que sinto que se marche”, manifestou o Alcalde.

López Orozco tamén salientou de Bao que “é un adversario político polo que eu sentía admiración, porque defendía, con vehemencia en moitas ocasións, as súas posicións nacionalistas pero sempre tiña cabida para o diálogo, para chegar acordos e mesmo para gobernar xuntos como fixemos durante algún tempo”.

“Quero para él o mellor, como persoa e como político, e espero que coa persoa que o sustitúa e co Bloque sigamos tendo momentos de encontro e tamén de desencontro, que é algo propio da vida política, pero o importante é que todos traballemos polo ben da nosa cidade”, indicou López Orozco.

Por último, o Alcalde mandoulle un “saúdo respectuoso pero cariñoso para Antón Bao que sempre atopará en mín como Alcalde e como cidadán, respecto, cariño e admiración. 

Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova