Cargando....
Ayuntamiento de Lugo
24/04/24
NOTICIAS
Escucha esta página

Esta fin de semana Lugo será a segunda sede da Liga Prata de Hockei Liña


# Viernes, 20/12/2013
O Concello colabora na organización deste evento deportivo que suporá a celebración de tres xornadas da terceira división nacional deste deporte

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, xunto co Presidente da Federación Española de Patinaxe, Ignacio Rodríguez e Manuel Romay do Clube organizador Cabuxos presentaron hoxe a celebración en Lugo da segunda sede da Liga Prata de Hockei Liña.

O Concello colabora neste evento deportivo que suporá a celebración durante este fin de semana no Pavillón Daniel Cordido Lugo das xornadas 4ª, 5ª e 6ª da terceira división nacional de Hockei Liña.

Un dos principais atractivos será a celebración do primeiro derbi en categoría nacional que van disputar o domingo o CHL Cabuxos-Lugo e o Lóstregos Lucus.

O Concelleiro de Deportes manifestou o seu desexo de que este evento “sirva para reafirmar este deporte que xa conta con moitos participantes na nosa cidade” e tamén animou ós lucenses a acudir ós distintos partidos programados o sábado e o domingo que disputarán equipos de Cataluña, Comunidad Valenciana, das Illas Baleares e de Galicia.

Pola súa parte, o Presidente da Federación Española de Patinaxe agradeceu o apoio prestado polo Concello. Tamén anunciou para o ano que vén as primeiras competicións autonómicas deste deporte.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre ventana nueva Instituto de Crédito Oficial,Abre ventana nueva