Imprimir

DOCE ESCOLARES DE PRIMARIA RECOLLEN OS PREMIOS DO CERTAME EDUCAR PARA PREVIR ORGANIZADO POLO CONCELLO


20/12/2013

O Alcalde, José López Orozco, e os Concelleiros de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Língua, Carmen Basadre, e de Servizos Xerais, Manuel Núñez, fixeron entrega hoxe dos premios do concurso escolar Educar para previr.

Nesta edición do certame de debuxo que convoca o Concello de Lugo, a través do servizo de prevención de drogas, dependente de Xuventude, foron doce os premiados que recolleron os seus galardóns nun acto que se celebrou esta tarde no Salón de Plenos da Casa do Concello.

Este certame, convocado entre o alumnado de primaria, adicouse nesta ocasión ó tema “A importancia da actividade física e o deporte en relación coa saúde”. Nel participaron case que 1.500 participantes, alumnos de dez centros escolares de Lugo

Os premios consistiron en libros valorados en 50 euros, diploma e calendarios cos debuxos seleccionados dos nenos e nenas que resultaron premiados.