Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Gustavo Freire acollerá o sábado a representación de 'Os vellos non deben de namorarse' de Castelao


# Luns, 23/12/2013
A montaxe, na que participan 30 actores e actrices e que conta con música en directo, correrá a cargo do grupo de teatro do Colectivo Cultural Ollomao, de Barreiros

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
Máis de 3.000 persoas viron xa esta adaptación feita por Comba Campoy e Ramón Casas no que vai de 2013

O Auditorio Municipal Gustavo Freire acollerá este sábado, día 28, a obra de teatro Os vellos non deben de namorarse, de Castelao. A representación, incluída na programación de Nadal do Concello de Lugo, correrá a cargo do grupo de teatro do Colectivo Cultural Ollomao, de Barreiros, e comezará ás oito da tarde. As entradas custan tres euros e poderán adquirirse na billeteira do propio auditorio dende unha hora antes do comezo da función.

A concelleira de Cultura, Carmen Basadre, o director da obra, Ramón Casas, e a presidenta de Ollomao, Tamara Rubiños, presentaron esta mañán a montaxe, destinada a todos os públicos. A Concelleira de Cultura animou a todos os lucenses a asistir á representación desta obra de Castelao e tamén salientou a gran vitalidade do teatro aficionado na provincia de Lugo e destacou que o Concello seguirá apoiandoo.

O responsable desta adaptación xunto a Comba Campoy convidou ao público lucense a pasar “hora e media de divertimento” e fixo fincapé no alto nivel escénico e musical que presenta esta montaxe, na que participan 30 actores e actrices e conta con música en directo a cargo do grupo Tumba e Dálle. “Nos tempos que corren é difícil ver unha obra de teatro na que participe tanta xente”, destacou Ramón Casas.

A presidenta de Ollomao, Tamara Rubiños, explicou pola súa banda que a idea de volver a escea este clásico de Castelao xurdíu ao cumplírense 40 anos da súa estrea a cargo do Plantel de Extensión Agraria en San Miguel de Reinante. Rubiños salientou a boa acollida que está a ter a obra nas distintas representacións realizadas por Ollomao neste ano 2013. Máis de 3.000 persoas viron xa obra en Burela, Viveiro, Ribadeo, Monforte, Vimianzo, Foz, Mondoñedo, O Valadouro e Barreiros.

Un clásico renovado nas formas

O grupo de teatro de Ollomao presenta unha montaxe do clásico de Castelao renovada nas formas, mais mantendo a literalidade do texto do autor de Rianxo. O argumento considera que as mozas non poden (por sentimento) namorarse dos vellos e os vellos non deben (por saúde e diñeiro) facelo das mozas. A obra está dividida en tres lances e un epílogo nos que presenciamos as historias de tres vellos que están dispostos a entregar todo a cambio do falso amor dunhas mozas que, por iniciativa propia ou a instancia de pais ou parellas, se converten en moeda de cambio para buscar a felicidade dos seus. Tres vellotes namoriqueiros que nos provocan a risa cos seus comportamentos.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova