Cargando....
Concello de Lugo
14/10/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello licitará a reforma do Mercado municipal cun presuposto de 487.000 euros


# Luns, 23/12/2013
O Alcalde destaca que a remodelación do Mercado é a primeira medida dun ambicioso plan para a revitalización económica da Praza e para mellorar a imaxe da zona de Quiroga Ballesteros

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
A obra será financiada con fondos do Plan Urban e terá un prazo de execución de catro meses


O Alcalde, José López Orozco, anunciou hoxe a inminente licitación do proxecto de remodelación do Mercado de abastos. Foi nun acto no que tamén participaron os Concelleiros de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, e de Servizos Xerais, Manuel Núñez; a Deputada provincial Regina Polín e o arquitecto autor do proxecto Oscar Alba.

O Alcalde destacou que nos próximos días a Xunta de Goberno Local aprobará a licitación do proxecto para executar a obra de reforma do Mercado municipal.  Tamén destacou esta é a primeira medida do ambicioso plan que vai levar a cabo o Concello para a dinamización do Mercado e a Praza de Abastos e para revitalizar e mellorar a imaxe da zona de Quiroga Ballesteros.

López Orozco salientou que o Goberno local “está moi ilusionado con esta obra coa que comeza o gran proxecto para a modernización da Praza e o seu contorno” e destacou que, aínda que son comprensibles os recelos cos que algúns comerciantes acollen os cambios previstos, “todas as cidades que modernizaron este tipo de instalacións acertaron de pleno” e puxo como exemplo a gran transformación que experimentou a zona da Praza de Lugo na cidade da Coruña. 

O Alcalde anunciou que o Concello vai adicar 487.295 euros ás melloras que se levarán a cabo no Mercado municipal, que se financiarán con fondos do Plan Urban, no que colaboran o Concello, a Deputación provincial e a Unión Europea (que fai unha achega do 80% procedente do FEDER).

O Alcalde explicou que o prazo para a realización do proxecto será de catro meses e as actuacións previstas afectarán tanto ó interior coma ó exterior do Mercado. Así, está previsto facer aseos novos, levaranse a cabo todas as propostas plantexadas polos placeiros e tamén as recollidas nos estudos previos de residuos e enerxético. Asimesmo, contémplase o deseño dun espazo central polivantente con mobiliario que poidan usar tanto as praceiras como os clientes dos establecementos de hostalería ou para consumir produtos comprados nos postos do Mercado.

Outra novidade destacada é que van quedar integrados nas instalacións do Mercado os locais que agora ocupa a Empresa Municipal da Vivenda e Solo, Evislusa, que trasladará a súa sé ó Centro de convivencia Uxío Novoneyra. 

No exterior, está previsto pintar o teito dos soportais conforme ás propostas do plan de cor feito para o Ensanche da Ramella. 

O Alcalde tamén tivo un recordo especial para o arquitecto José Arias Jordán, recentemente falecido, que colaborou no deseño do proxecto para o Mercado municipal. 

Pola súa parte, o arquitecto Oscar Alba destacou a importante colaboración dos placeiros no deseño do proxecto definitivo que concibe o Mercado municipal como un novo espazo público para a cidade coa intención de que estea dispoñible para ser utilizado dende primeira hora da mañá ata a noite. 

O obxectivo é facer do Mercado un lugar máis atractivo e máis confortable para comerciantes, clientes e visitantes. Trátase de que sexa un lugar para o intercambio comercial e tamén para o ocio. Neste sentido, o arquitecto sinalou que os mercados acostuman ser un dos lugares máis visitados en moitas cidades polos turistas e tamén se pretende que sexa así en Lugo.

O proxecto contempla a renovación das instalacións de luz, fontanería e outros servizos, cambia a iluminación e o mobiliario da zona central que será de madeira e articulado, tamén se instalará unha porta doble para evitar correntes de aire e se colocarán uns toldos cun atractivo deseño gráfico para o peche dos postos cando non estean en servizo. 

Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova