Os museos municipais cambian de horario durante o Nadal
# Luns, 23/12/2013
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Língua, Carmen Basadre, deu conta hoxe dos novos horarios de apertura dos distintos museos municipais durante estas festas de Nadal.
O Centro de Interpretación da Muralla e a Casa dos Mosaicos estarán abertos os días 24, 26, 27, 28, 29 e 31 de decembro e en xaneiro os días 2, 3, 4 e 5 con horario de 11.00 a 14.00 horas.
O Museo Interactivo da Historia de Lugo abrirá co seu horario habitual de martes a sábado 16.30 a 20.30.
Os tres museos pecharán ó público os días 24 e 31 de decembro pola tarde e os días 25 de decembro e 1 e 6 de xaneiro durante todo o día.
Por outra parte, a Casa da Xuventude e as Casas das Línguas estarán pechadas os días 24, 25 e 31 de decembro e os días 1 e 6 de xaneiro.
A Concellería de Cultura tamén comunica que durante estas festas de Nadal celebraranse visitas guiadas pola Saturnalias coa seguinte programación: sábado, 28 de decembro Lugo Romano e domingo, 29 de decembro, A Ponte Vella ou Romana.
O domingo tamén haberá unha nova ruta do programa Terras de Auga e Cultura. Nesta ocasión será unha andaina por Prógalo, Bacurín e San Pedro de Mera, con xantar en Crecente. A saída será do treito peonil da Ronda da Muralla. Pódese obter máis información no Teléfono de Atención Cidadá 010 e na Oficina Municipal de Turismo (pza do Campo, 11, teléfono 982 251658.
Compartir: