Cargando....
Concello de Lugo
19/07/19
NOVAS
Escoita esta páxina

A XII edición do Torneo Internacional de fútbol sala de base Cidade de Lugo reunirá 122 equipos de toda España


# Xoves, 26/12/2013
A primeira fase disputarase os días 27, 28 e 29 de decembro. A fase final será os días 2, 3 e 4 de xaneiro

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
Os partidos xogaranse no Centro Deportivo Terra, na Casa do Deporte, no Polideportivo O Palomar, no da Piringalla e no Pazo Municipal dos Deportes de Lugo

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, e o Xerente da Fundación Azkar, Iván Pico, presentaron esta mañá a XII edición do Torneo Internacional de Fútbol Sala de Base Cidade de Lugo.

Según destacou o Concelleiro de Deportes, “este torneo ademais da súa importancia no terreo deportivo, tamén contribúe á dinamización económica da cidade xa que supón unha fonte de ingresos para os comercios lucenses porque se calcula que, este ano, participarán nel 1.500 xogadores, algúns dos cales virán a Lugo acompañados das súas familias”. Nesta edición, o  torneo contará con 122 equipos participantes das catro provincias galegas e doutras comunidades como Castela a Macha, Cataluña, Comunidade de Madrid, Extremadura ou Castela León.

Pola súa parte, Iván Pico salientou que este é un torneo “é un dos máis importantes no panorama nacional” e agradeceu a colaboración do Concello na organización do evento.

A primeira fase do torneo disputarase os días 26, 27 e 28 de decembro e terá 68 equipos participantes, procedentes de toda Galicia. A fase final será disputada por 60 equipos e terá lugar os días 2, 3 e 4 de xaneiro. Entre as dúas fases haberá 1.500 xogadores e xogadoras que participan nas distintas categorías de benxamín, alevín, infantil e cadete (masculino e feminino), que virán acompañados por case que 200 técnicos.

Os partidos xogaranse en distintas instalacións deportivas da cidade, como o Centro Deportivo Terra, a Casa do Deporte, o Polideportivo O Palomar, o Polideportivo da Piringalla e o Pazo Municipal dos Deportes de Lugo.
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova