Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Este sábado represéntase a obra de Castelao 'Os vellos non deben de namorarse' no Auditorio


# Xoves, 26/12/2013
O espectáculo terá lugar ás oito e correrá a cargo do Colectivo Cultural Ollomao

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Língua, que dirixe Carmen Basadre, incluiu na súa programación de Nadal a representación da obra de teatro Os vellos non deben de namorarse, de Castelao.

A representación terá lugar este sábado, día 28, ás oito da tarde, no Auditorio Municipal Gustavo Freire e correrá a cargo do grupo de teatro do Colectivo Cultural Ollomao, de Barreiros.

Este grupo teatral decidiu representar esta obra ó cumplírense 40 anos da súa estrea a cargo do Plantel de Extensión Agraria en San Miguel de Reinante e está a colleitar un importante éxito coa función, xa que máis de 3.000 persoas levan visto a obra, que agora chega a Lugo, en Burela, Viveiro, Ribadeo, Monforte, Vimianzo, Foz, Mondoñedo, O Valadouro e Barreiros.

As entradas custan tres euros e poderán adquirirse na billeteira do propio auditorio dende unha hora antes do comezo da función.

Un clásico renovado nas formas

O grupo de teatro de Ollomao presenta unha montaxe do clásico de Castelao renovada nas formas, mais mantendo a literalidade do texto do autor de Rianxo. O argumento considera que as mozas non poden (por sentimento) namorarse dos vellos e os vellos non deben (por saúde e diñeiro) facelo das mozas. A obra está dividida en tres lances e un epílogo nos que presenciamos as historias de tres vellos que están dispostos a entregar todo a cambio do falso amor dunhas mozas que, por iniciativa propia ou a instancia de pais ou parellas, se converten en moeda de cambio para buscar a felicidade dos seus. Tres vellotes namoriqueiros que nos provocan a risa cos seus comportamentos.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova