Cargando....
Concello de Lugo
20/10/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Presentada a 19ª Carreira pedestre San Silvestre que se disputará o día 31


# Venres, 27/12/2013
Díaz Grandío destaca a repersusión desta carreira que pecha o calendario deportivo na que participarán orredor de 700 corredores de todas as idades

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío; acompañado polo representante do Clube Fluvial e da organización, Alvaro Sánchez,  e polo Presidente do Clube Media Maratón, Manuel Castiñeira, presentou hoxe a 19ª Carreira pedestre San Silvestre que se disputará o día 31.

Díaz Grandío destacou a importancia que ten esta carreira coa que se pecha o calendario deportivo lucense e animou a todos os lucenses a participar nesta última competición deportiva do ano, da que dixo que xa conta cunha traxectoria importante e ten unha grande repercusión na cidade. “Qué mellor maneira de acabar o ano podemos ter que participando nunha carreira pedestre popular como ésta”, sinalou o Concelleiro que agradeceu o esforzo que fai o Clube Fluvial na organización da San Silvestre de Lugo.

Alvaro Santos agradeceu a colaboración do Clube Media Maratón nesta carreira na que participaran orredor de 700 corredores. Tamén sinalou que este ano, as necesidades económicas obrigaron ó cogro de 3 euros de inscrición para sufragar os gastos que ocasiona a carreira. Outra novidade será o cambio de percorrido que este ano voltará ó circuito inicial pola estrada de Orbazai.

A Carreira comezará ás 16.15 horas con saída e chegada na zona do Paseo fluvial próximo ó Pazo de Feiras e Exposicións, no caso das carreiras infantiles e con saída no mesmo lugar e chegada no Clube Fluvial, no caso dos adultos.

Para os nenos haberá catro categorías por idades: mini que terá unha lonxitude de 0,5 kilómetros, A cunha lonxitude de 1 km, B que será de 2 km e C e D que será de 3 km.

Os adultos correrán unha distancia de 6,5 kilómetros e haberá cinco categorías, segundo as idades. 

A organización entregará trofeos ós tres primeiros clasificados de cada categoría. 

O horario para a recollida de dorsais é o día 30, de 12.00 a 22.00 horas, nas dependencias do Club Fluvial.

Nesta edición será obrigatorio estar inscrito no evento para poder participar. As persoas que non estean inscritas non optarán a clasificacións nin a premios.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova