Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Unha parte dos fermosos mosaicos da Domus Oceani xa son visibles grazas a ventá arqueolóxica instalada polo Concello de Lugo na rúa Doutor Castro


# Venres, 27/12/2013
Os peóns xa poden admirar parte dos mosaicos da gran casa romana que apareceu no subsolo desta rúa de Lugo

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Concello investiu preto de 35.000 euros do Plan Urban nesta nova ventá arqueolóxica que nos permite admirar máis vestixios do Lugo romano 

O Alcalde agradeceu a colaboración dos propietarios da Zapatería Batitales que permitiu a Lugo dispor deste novo atractivo turístico


O Alcalde, José López Orozco, acompañado pola Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, e a Deputada provincial de Recadación e Facenda, Pilar García Porto, visitaron hoxe a nova ventá arqueolóxica aberta na cidade que permite admirar un fragmento do fermoso mosaico romano existente no subsolo da rúa Doutor Castro.

O Alcalde destacou que é a sexta ventá arqueolóxica que se abre na cidade pero non será a última e salientou que supón “un novo atractivo para Lugo e, sobre todo, un motivo máis para que os lucenses comprendamos mellor as nosas orixes e nosa historia e nos sintamos orgullosos dela, porque moi poucas cidades teñen o privilexio de poder disfrutar de algo tan fermoso como son estes mosaicos”. 

A nova ventá arqueolóxica deixa á vista un fragmento de mosaico da Domus Oceani, unha das grandes mansións do Lugo romano. Os mosaicos de motivos xeométricos que xa se poden admirar dende a rúa correspóndense coa antesala do gran salón de recepcións da gran casa romana que apareceu durante as obras de infraestrutura realizadas no ano 2004 na rúa Doutor Castro. 

Da existencia dalgúns deses valiosos restos na zona xa se tiñan as primeiras noticias dende o século XIX. De feito, xa en 1842 houbo un primeiro intento para conservalos, cousa que non foi posible polo elevado custe que supoñía, 13.000 reales da época.

Agora sí foi posible facer o desembolso económico e o Concello investiu preto de 35.000 euros nesta nova actuación para a recuperación e posta en valor do importante patrimonio arqueolóxico da nosa cidade. 

A intervención foi sufragada con fondos do Plan Urban, que cofinancia ó 80% a Unión Europea e que conta tamén con achegas económicas do Concello e a Deputación provincial. Do investimento total, adicáronsde 32.857 euros á obra civil e outros 1.986 foron para os traballos de conservación do mosaico.

Esta actuación comezou a mediados do mes de setembro e os traballaos tiveron que realizarse de xeito que tiveran o menor impacto posible á zapatería Batitales diante da cal se abriu esta ventá arqueolóxica. A actuación coordinouse cos titulares do establecemento para realizar as obras no menor tempo posible e nas horas nas que afectara o menos posible ó negocio. De feito, parte dos traballos realizáronse fóra do horario comercial. 

Esta será a sexta ventá arqueolóxica de Lugo, que se suma ás que deixaron á vista a piscina romana da praza de Santa María, os restos do acueducto na praza de San Marcos, os restos da Muralla na rúa Nova, os restos do templo romano no Círculo das Artes e a que fará visibles os achádegos dunha estrutura funeraria no Vello Cárcere. En total, o Concello leva investidos máis de 300.000 euros na posta en valor do patrimonio arqueolóxico da cidade en actuacións deste tipo. 

O Concello de Lugo mantén unha aposta decidida pola recuperación do valioso patrimonio arqueolóxico da cidade. Para o Goberno local a súa conservación supón tanto unha mostra de respecto polo importante legado cultural que temos a sorte de poder disfrutar como unha gran oportunidade económica porque o noso patrimonio e un importante reclamo para o turismo cultural.

Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova