Cargando....
Ayuntamiento de Lugo
29/03/24
NOTICIAS
Escucha esta página

O domingo celébrase a I Gala de patinaxe artística de Lugo


# Viernes, 27/12/2013
O Concello colabora co clube Patíns Lóstregos na organización do evento

A Concellería de Deportes, que dirixe José Manuel Díaz Grandío, anuncia que este domingo, día 29, terá lugar a I Gala de Patinaxe Artística de Lugo, organizada polo  clube Patíns Lóstregos coa colaboración do Concello.

O evento celebrarase nas instalacións municipais de O Palomar e, segundo informa o presidente do clube organizador, Carlos R. Ouro Núñez, está previsto que participen orredor de 70 patinadores. A organización tamén agarda contar coa presenza na Gala de Tamara Valderrama Santomé, que foi a primeira galega en participar en cinco campionatos mundiais, podendo destacar algún dos resultados:

TAMARA VALDERRAMA SANTOMÉ
4ª de Europa Senior 2004
4ª de Europa Senior 2005

Estivo en cinco mundiais e noutros tantos europeos, foi campiona de España e ós 34 anos continúa patinando co Grupo Show do Club Valladares (gañador dun torneo en Italia), do que tamén é coreógrafa e adestradora da escola. 

Tamén se contará coa presenza da patinadora Nuria Rivas Busto que conqueriu o bronce no Campionato do mundo no grupo Show en China 2013, o pasado mes de novembro.

É probable que asista tamén á Presidenta da sección de Artística da Federación de Patinaxe, xa que que é nai dunha participante.

Programa e participantes 
Club Valladares ( Vigo ) 
Club Brincadeira A Coruña ) 
Club Ourela ( Ourense) 
Club Eahde ( O Carballiño ) 
Club Anca ( Sarria ) 
Club Lóstregos ( Lugo)
Modalidades a presentar : Patinaxe individual e Patinaxe en grupo(Show)
O evento terá lugar o día 29 de decembro e comenzará ás 16:00 para rematar ás 18:00 ( a hora é orientativa). no pavillon ‘O Palomar’. 



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre ventana nueva Instituto de Crédito Oficial,Abre ventana nueva