Cargando....
Concello de Lugo
20/10/19
NOVAS
Escoita esta páxina

A Orquestra Filarmónica de Lemberg, protagonista da Gran Gala Strauss de Lugo


# Venres, 27/12/2013
O concerto, que forma parte da programación de Nadal organizada polo Concello, terá lugar este domingo, ás oito e media da tarde, no Auditorio Municipal Gustavo Freire

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
 A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Língua, Carmen Basadre, presentou hoxe o concerto de Nadal organizado polo Concello de Lugo para despedir o ano 2013.

A Orquestra Filarmónica de Lemberg-Ucraína será a encargada da Gran Gala Strauss, que terá lugar este domingo, día 29, ás 20.30 horas, no Auditorio Municipal Gustavo Freire. 

A Orquestra, formada por 44 músicos, actuará baixo a dirección de Aidar Torybaev e coa soprano Anastasia Kornutyak. 

As entradas teñen un prezo de 3 euros para as zonas B e C e de 5 euros para a zona A. Pódense adquirir en venda anticipada na Oficina Municipal de turismo ata o día 28 en horario de 11.00 a 13.30 e de 16.00 a 17.30 horas. O día 29 poñeranse á venda unha hora antes do concerto, no propio Auditorio.


Programa
(duración aproximada 45’ cada unha das dúas partes)

Peter I. Tschaikowsky Polonesa da Ópera “Eugeni Onegin“
(1840 – 1893)

Johann Strauß (Sohn) Voces de Primavera, vals op. 410
(1825 – 1899)

Johann Strauß “Cando actúo como unha inocente campesina”, 
(1825 – 1899) Cuplet de Adela da Opereta “O Morcego“
(soprano Anastasia Kornutiak)

Peter I. Tschaikowsky Vals do ballett “A Bela Durminte“ 

Giacomo Puccini “O mio babbino caro“, 
(1858 – 1924) Aria de Lauretta da Ópera “Gianni Schicchi“
(soprano Anastasia Kornutiak)

Josef Strauß “Sen problemas“, Polka rápida op. 271
(1827 – 1870)

Johann Strauß Rosas do Sur, vals op. 388
(1825 – 1899)

Joseph Haydn Final da Sinfonía Nr. 48 en Do Maior Hob I:48
(1732 – 1809)
***************

Johann Strauß 
(1825 – 1899) Obertura da a Ópera “O Morcego“ 

Peter I. Tschaikowsky
(1840 – 1893) Mazurka Ballett “O Lago do Cisnes“ 
Danza Española do Ballett  “O Crebanoces“

Luigi Arditi “Il Bacio“ - el vals del beso
(1822 – 1903) (soprano Anastasia Kornutiak)

Johann Strauß 
(1825 – 1899) Pizzicato-Polka, op. 449

Johann Strauß  
(1825 – 1899)     Polka de Ana, op. 117 

Johann Strauß 
(1825 – 1899) Contos dos Bosques de Viena, vals op. 325

Jacques Offenbach “Les Oisseaux dans la Charmille”, 
(1819 – 1880) Aria de Olympia de la ópera “Los Cuentos de Hofmann”
(soprano Anastasia Kornutiak)

Johann Strauß 
(1825 – 1899) O tren do desexo, Polka rápida op. 281

Johann Strauß 
(1825 – 1899)     Á caza, Polka rápida op. 373 


Para rematar, a Orquestra interpretará a marcha Radezki.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova