Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

As entradas para obra de teatro Paradero desconocido poderanse mercar mañá unha hora antes da función


# Xoves, 02/01/2014
Esta producción conta con coñecidos actores como Juanjo Artero ou a galega Sara Casasnovas que farán a súa interpretación a partir das 20.30 no Auditorio Gustavo Freire

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, informa que as entradas para asistir á obra de teatro Paradero desconocido de Kressman Taylor e representado por membros de Teatro e producciones Adrea D´Odorico poderanse mercar mañá venres 3 de xaneiro unha hora antes da función nas taquillas do Auditorio Gustavo Freire. O prezo da entrada será de 10 euros.

Paradero desconocido narra a historia de dous amigos e socios. Martín Shulse, un alemán interpretado por Juanjo Artero, e Max Eisenstein, un xudío estadounidense que vive en California e interpretado por Juanjo Cucalón. En 1932 Martín decide volver a Alemania coa súa familia. Dende ese momento xurde un intercambio de cartas nas que se vislumbra a sombra da situación política de Alemaña. Visionaria, incisiva e cun final imprevisible, esta novela constituiu un acontecemento literario e o máis estremecedor mensaxe de advertencia contra o nazismo.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova