Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Luis Álvarez agarda que este novo ano traia a paz entre os membros do grupo municipal do PP e aprendan a facer oposición de maneira constructiva e non a través de mentiras


# Xoves, 02/01/2014
Na Xunta de Goberno Local aprouse designar á Vicesecretaria municipal como secretaria para a tramitación dos dous expedientes abertos a funcionarios

Imaxe Asociada
Esta mañá celebrouse a Xunta de Goberno Local ordinaria na que se aprobaron asuntos de interese para o Concello segundo o indicou o Voceiro do Goberno Local, Luis Álvarez e que destacou a concesión dunha licenza para reforma e construción de planta alta nunha nave industrial do parque empresarial de As Gándaras xa que “con esta aprobación demostrase que o grupo municipal do PP mentiu en todas as ocasións nas que dixo que o Goberno Local dificultaba a instalación de novas empresas nas Gándaras”.

Luis Álvarez insistiu en que o compromiso do Goberno é a creación de postos de traballo e a instalación de novas empresas polo que “os populares quedan en evidencia unha vez máis xa que esta non é unha nova licenza senón son unhas reformas e a outra da que falaban era a instalación provisional dunha cabina meteoroloxica”.

A Xunta de Goberno local tamén aprobou revogar o acordo de creación da comisión para realizar o sorteo dun instrutor para cada un dos expedientes abertos xa que, segundo indicou o Voceiro municipal, “a creación da mesma deu lugar a distintas interpretacións por parte dos funcionarios sobre o funcionamento da mesma e a dificultade nestas datas para que poidesen coincidir os funcionarios seleccionados”. Así aprobouse que o posto de secretario de ambas causas sexa ocupado pola Vicesecretaria municipal e, polo tanto, non entra en sorteo entre os funcionarios de igual o superior nivel como se fai no caso do instructor das causas. No caso dos instrutores que presenten un escrito de abstención deberán acreditar documentalmente o suposto da renuncia.

Crise no PP
O Voceiro do Goberno Local, Luis Álvarez, lembrou que “hai varios meses que dixen que o PP tiñan un problema, a diferencia do Grupo Municipal Socialista que temos un capitán que se preocupa por nós, eles xa non é que teñan capitán que nunca o tiveron, senón que por riba o lider do grupo denomina publicamente a un compañeiro como verdugo” sinalando que “medo me da pensar que farán en privado”.

No mesmo sentido, invitou ao “equipo dirixido por Castiñeira a que se centren e fagan oposición a través de críticas e non de contar mentira tras mentira como fan ultimamente que parece que en lugar de mellorar a súa situación empeora”.
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova