Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O museo de Porta Miñá será o centro de referencia da vida cotiá da época romana en Galicia mentres non se constrúa o Museo da Romanización


# Venres, 03/01/2014
Carmen Basadre destacou que se van incluir ferramentas dixitais para poder ver todas as pezas que están expostas e outras que están diseminadas en diferentes museos

Imaxe Asociada
Tamén anunciou a contratación do servizo para a apertura diaria do Templo de Mitra, Porta Miñá e o Museo de San Roque


A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, anunciou esta mañá que no prazo de dous meses o museo de Porta Miñá reabrirá as súas portas con novos contidos e novos espazos para “facer del o centro galego da Romanización que á Xunta tanto lle custa construir na antigo Cuartel de San Fernando”.

Carmen Basadre explicou que se van a iniciar as obras de remodelación do museo, cun orzamento de 21.737 euros, que comezou sendo unha exposición temporal en apoio para a declaración da Muralla como Patrimonio Mundial, e que modificarán o concepto de sala de exposicións que tiña ata o momento.

Así, explicou que se vai facer unha reorganización dos espazos, creando unha zona no centro do museo na que se poidan levar a cabo diferentes actividades, e tamén no exterior para a época de verán. Outro dos aspectos máis destacados, será a incorporación de pantallas táctiles que terán un catálogo virtual de 140 pezas arqueolóxicas en tres dimensións e que, grazas as novas tecnoloxías, se poderán manipular para coñecer todos os recantos das mesmas. Este novo material didáctico foi posible grazas ao traballo dos alumnos e alumnas que participaron nos diferentes talleres do programa Muralla Dixital e que crearon a base destes audiovisuais.

“Non podemos esquecer que o Porta Miñá é un museo que contén numerosas pezas de arqueoloxia como cerámica, bronce, ou mosaicos, que nos permiten descubrir a vida cotiá do Lugo romano” segundo Carmen Basadre para o que “a nosa intención é que cada un dos espazos arqueolóxicos estén enfocados a unha determinado tema, como pode ser o Porta Miñá coa vida cotiá ou o de San Roque enfocado ao tema dos enterramentos e cultos en época romana”.

A Concelleira de Cultura tamén anunciou a contratación dun servizo para a apertura diaria dos novos museos como son o Templo de Mitra, o propio museo de Porta Miñá, e o de San Roque e que estará vixente ata o 31 de xullo de 2014 momento no que está previsto que comece a funcionar o novo contrato de xestión integral dos museos de Lugo e sobre o que se está traballando no prego de clausulas.

Neste sentido, explicou que “estes museos ou son novos ou levan varios anos sen funcionar, polo que hai que facer unha posta apunto para ter nas mellores condicións novos reclamos turísticos para a cidade”. Basadre fixo un balance de cómo está a situación de cada un dos espazos museísticos e avanzou que o convenio coa USC para a apertura do Templo de Mitra se asinará neste mes e que as obras de impermeabilización e arranxo do Museo de San Roque están rematadas, agás os aparatos tecnolóxicos e os contidos que están sendo revisados. En todos os casos, conta que entre o mes de febreiro e abril estén os tres funcionando a pleno rendemento.
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova