Cargando....
Concello de Lugo
17/07/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Xa está aberto o prazo para participar no concurso co que se escollerá o cartel do Arde Lucus MMXIV


# Martes, 07/01/2014
Carmen Basadre tamén informou da celebración do I Troco Xuvenil que se vai celebrar este sábado 11 de xaneiro na praza da Soidade

Imaxe Asociada
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentou esta mañá as bases para participar no Concurso do cartel Arde Lucus 2014 e que ten de prazo ata o 15 de febreiro.

Desta maneira, por terceiro ano consecutivo, un xurado cualificado será o encargado de escoller a obra que máis represente o espíritu da Festa declarada de Interese Turístico e no que pode participar toda a cidadanía con traballos en A3. Os carteis obrigatoriamente terán que levar os seguintes compoñentes: Arde Lucus XXMMIV, Festa de Interese Turistico Galego, a web do Arde Lucus, a data de celebración que serán os días, 13, 14 e 15 de xuño e os logotipos das redes sociais.

Carmen Basadre sinalou que “se vai valorar os deseños que reflicten o espíritu da festa do Arde Lucus e que recollan a reconstrución histórica e a volta da cidade a época da súa fundación”. O premio para o gañador é de 1.000 euros.

Os interesados poderán deixar os seus traballos nun sobre pechado na Casa da Xuventude en horario de 10.00 a 14.00 e de 16.30 a 21.30 horas.

I Troco Xuvenil
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua,  tamén anunciou que este sábado 11 de xaneiro vaise celebrar na carpa situada na Praza da Soidade o I Troco Xuvenil. Desta maneira, entre as 11 e as 14 horas todos os mozos e mozas menores de 35 anos poderán intercambiar todas aquelas cousas que non lles sirvan por outras que precisen como poden ser videoxogos, libros ou roupa.

“A idea é que as cousas que se acumulan na casa e que están en boas condicións pero non se usan poden ser obxecto de troco para conseguir outras que si que poden facer falta” segundo Carmen Basadre. Os mozos e mozas interesados poden inscribirse na Casa da Xuventude ou ben achegarse á Praza da Soidade o mesmo dia.
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova