Cargando....
Concello de Lugo
14/10/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Luis Álvarez anuncia que os interesados en participar no programa de compostaxe teñen de prazo ata o 31 de xaneiro para inscribirse


# Mércores, 08/01/2014
O Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente tamén sinalou que se repartiran 100 composteiros aos participantes para levar a cabo esta experiencia piloto

Imaxe Asociada
O Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez, anunciou esta mañá que todos os veciños e veciñas que queiran participar no programa de reciclaxe mediante compostaxe de residuos orgánicos poderán solicitalo entre o 13 e o 31 de xaneiro.

Luis Álvarez sinalou que “se trata dunha iniciativa que pon en marcha o Concello contando coa colaboración de Sogama e que ten por obxecto difundir e promover a transformación en compost dos residuos orgánicos”  especialmente dirixido “a amplia zona rural coa que contamos”. Os interesados poderán descargar a folla de solicitude dende a web do Concello ou nas instalacións municipais.

Ademais, os requisitos que deben ter os solicitantes son dispor de horta ou xardín cunha superficie aproximada de 50-200 m2, utilizar o composteiro facilitado para a producción de compost a partir de residuos orgánicos domésticos, asistir á reunión de inicio do programa, asistir á sesión formativa na data, hora e lugar que se estableza e facilita-las tarefas de seguemento e acceso ao composteiro do personal responsable do programa.

A idea deste programa é concienciar á poboación da necesidade de reducir o volume de residuos, sensibilizala sobre os beneficios ambientais do emprego da técnica de compostaxe doméstica e capacitala para a elaboración de compost a esta escala. Con estas medidas tamén se favorecen a redución dos custes económicos e ambientais vencellados á cantidade de residuos orgánicos xerados polo concello, así como aqueles asociados aos desprazamentos necesarios para a súa recollida, promovendo os beneficios económicos e ambientais derivados da obtención dun abono natural de destacado valor agronómico.

Renovación rede abastecemento Fontiñas

O Concelleiro de Urbanismo tamén anuncio que xa están aprobadas pola Xunta de Goberno Local as obras de rexeneración de pavimento e renovación de servizos tanto de saneamento como de abastececemento na Ronda das Fontiñas, no tramo que comprende entre o carril de Caiños e a Rúa San Xillao, e co que se porá fin as diferentes roturas das tubaxes que se veñen sucedendo nesa zona cos cambios de presión da auga.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova