Imprimir

ESTA MAÑÁ ENTREGÁRONSE OS PREMIOS DA XIX EDICIÓN DO CERTAME DE RELATOS CURTOS TRAPERO PARDO


9/1/2014



O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñóz, fixeron entrega dos premios de relato curto Trapero Pardo. Nesta cita literaria que se ven celebrando dende hai 19 anos, participaron mozos e mozas de colexios da provincia de Lugo.

López Orozco felicitou aos gañadores e agradeceu a participacións “nun premio que está máis que consolidado e que non se podería facer sen o apoio dos pais e dos profesores que traballan para fomentar a imaxinación e a lectura nos mozos e mozas.” Ademais salientou que dende o Concello “se vai a seguir apoiando este certame porque cremos que é importante para que os mozos e mozas poidan desfrutar da experiencia de escribir e participar nun certame” ademais de que “podemos estar falando con futuros novelistas”.

López Orozco e Esther Muñóz procederon á entrega dos galardóns aos premiados nas distintas categorías:

CATEGORÍA DE 12 A 14 ANOS


1º Premio: MANUEL FRANCISCO LAMELA GÓMEZ coa obra Insomnio do IES Santiago Basanta Silva (Vilalba).

2º Premio: BELÉN GARAÑANA DURÁN coa obra O Recuncho dos Contos Perdidos do
CPR Ntra Sra de la Asunción (Sarria).

3º Premio: MARIA SONSOLES QUIROGA GUTIÉRREZ coa obra A Ignorancia da Sabedoría do CPR San Xosé (Lugo).

CATEGORÍA DE 15 A 18 ANOS

1º Premio: LORENA BARRERA LÓPEZ  coa obra  A historia mellor gardada do IES Monte Castedo (Burela)

2º Premio: AMARA CHAO DURÁN coa obra  Ad Portas do IES Monte Castelo (Burela)

3º Premio: SABELA JORGE VIDAL  coa obra Faíscas do IES A Pinguela  (Monforte de
Lemos)