Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O polígono empresarial do Ceao conta cun novo acceso mellorado que comunica coas Gándaras e coa Ronda Norte


# Xoves, 09/01/2014
O Alcalde de Lugo salientou que as obras de mellora tiveron un presuposto de 129.649 euros e supoñen unha via alternativa para o tráfico do Ceao

Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Concelleiro de Infraestruturas e Zona Rural, Manuel Chaín, visitaron esta mañá as obras que se levaron a cabo no viario de acceso ao polígono empresarial do Ceao dende o parque empresarial de As Gándaras.

López Orozco sinalou que “esta obra é unha mostra máis do interese que hai por parte deste Goberno Local para mellorar as condicións do polígono do Ceao, unha vella aspiración que se vai facendo realidade pouco a pouco sempre que se teña a colaboración da Xunta como foi neste caso”. A obra que tivo un orzamento de 129.649 euros estivo cofinanciada nun 80% pola Xunta de Galicia.

Esta obra que enlaza o parque empresarial de As Gándaras e a Ronda Norte co poligono do Ceao supón unha mellora importante nas comunicación destes espazos empresariais xa que coa súa repavimentación tanto o tráfico de camións como dos propios traballadores circulará en mellores condicións.

Ademais, o Alcalde, sinalou que o Concello ten feito un anteproxecto das necesidades do polígono do Ceao tanto a nivel de viais como de novas comunicacións que “queremos cumprir sempre e cando contemos coa colaboración da Xunta e do Ministerio”.  Neste sentido, avanzou que no momento no que se dispoña de presuposto as seguintes obras serán a mellora dunha parte da rúa da Industria e da rúa da Agricultura.
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova