Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Carmen Basadre anuncia a creación dun novo grupo para o Arde Lucus 2014 inspirado nas Vestais


# Venres, 10/01/2014
O prazo de inscrición estará aberto ata o 28 de febreiro na Oficina de Información Xuvenil no Centro Convivencia do Uxio Novoneyra

Imaxe Asociada
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, anunciou esta mañá o inicio dun novo obradoiro para o Arde Lucus co fin de crear un grupo de vestais.

Carmen Basadre explicou que “ante a boa acollida dos Senadores e das Asamblearias pensamos en facer unha homenaxe ás sacerdotisas vestais que tiñan como misión protexer o lume sagrado do templo de Vesta xa que eran unha parte moi importante da vida de Roma”.

O prazo para inscribirse no obradoiro remata o 28 de febreiro e as interesadas poderán facelo na Oficina de Información Xuvenil no Centro Convivencia Uxio Novoneyra. O obradoiro levarase a cabo durante os meses de marzo, abril e maio e cada grupo contará cun máximo de 20 prazas. A participación nestes obradoiros implica o compromiso de participación en todas as representacións derivadas deste obradoiro durante o Arde Lucus 2014.

As  vestais eran sacerdotisas públicas e constituían unha excepción no mundo sacerdotal romano que estaba composto na súa maioría por homes. A súa maior responsabilidade era manter prendido o lume sagrado do templo de Vesta situado no Foro romano e o seu benestar era considerado fundamental para a continuidade e seguridade de Roma.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova