Cargando....
Concello de Lugo
28/11/21
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde participou hoxe nunha xuntanza convocada pola DXT para mellorar a seguridade vial nas vías urbanas


# Venres, 10/01/2014



O Alcalde de Lugo, José López Orozco, participou este venres en Madrid, nunha reunión organizada pola Dirección Xeral de Tráfico sobre a seguridade vial en zonas urbanas.

López Orozco, que tamén é o Presidente da Comisión de Seguridade Cidadá da Federación Española de Municipios e Provincias, explicou logo da reunión que o obxectivo deste encontro foi mellorar a coordinación da DXT cos concellos coa finalidade de diminuir os accidentes de tráfico que se rexistran en vías urbanas. 

Dacordo cos datos que manexa a DXT, os accidentes con vítimas en zona urbana seguen a representar unha importante porcentaxe (57%) así como as vítimas que ocasionan: o 24% dos mortos, 42% dos feridos graves e o 55% dos feridos leves, o que revela unha tendencia á alza dende 2011. Ademais, o 62% das vítimas mortais en vías urbanas foron peóns. 

Na xuntanza celebrada hoxe tamén se tratou da posibilidade de intercambiar datos entre a DXT e os concellos para poñer en marcha medidas encamiñadas a reducir a siniestralidade nas vías urbanas.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova