Cargando....
Concello de Lugo
05/12/21
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo renova o seu compromiso co tecido social e facilita locais a nove asociacións na Casa Clara Campoamor


# Venres, 10/01/2014
Ana González Abelleira salientou o importante labor social que levan a cabo as asociacións “que son máis necesarias aínda nestes momentos” e ás que o Concello segue a prestar apoio

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
A Concelleira de Benestar Social, Ana González Abelleira, anunciou hoxe que nove asociacións que traballan no eido social beneficiaranse do uso dos locais municipais na Casa Clara Campoamor, situada no parque de Frigsa.

A Concelleira de Benestar Social destacou que esas nove entidades que disfrutarán das instalacións da nave de asociacións Clara Campoamor xunto coas que usan os locais da Casa María Mariño, tamén situada no parque de Frigsa, forman parte dunha importante rede asociativa que o Concello leva anos apoiando para que poidan seguir desenvolvendo o labor social tan valioso que levan a cabo.

“Queremos seguir colaborando con este tecido asociativo e, tanto o Concello como a Concellería de Benestar, ademais das subvencións que mantemos para este tipo de intervencións, vamos seguir cedendo locais en precario para que poidan seguir traballando estas asociacións, que son cada vez máis necesarias e que desempeñan un labor moi importante na cidade de Lugo”, explicou González Abelleira.

As entidades que poderán facer uso dos locais da Casa Clara Campoamor son Alcer Lugo (Asociación para a loita contra as enfermidades renais), Auxilia (Asociación de voluntariado para a integración cultural e social de persoas con discapacidade física), Afalu (Asociación de familiares de doentes de Alzheimer), Agafi (Asociación de Fibromialxia de Lugo), Agal (Asociación galega de Lupus), Alucem ( Asociación lucense de Esclerose múltiple), Asociación Parkinson Lugo, Raiolas Lugo (Asociación que traballa con persoas con trastorno do espectro autista) e Fademga (Federación de asociacións a favor das persoas con discapacidade intelectual de Galicia).

Ana González xa mantivo esta semana unha xuntanza coas asociacións que poderán usar en precario estas instalacións nas que existen nove locais, dous deles de uso común nos que están situadas os servizos de ximnasio e biblioteca e o resto son de uso exclusivo ou compartido por acordo entre as asociacións.

A responsable municipal de Benestar Social explicou que, nesta convocatoria, presentaron solicitude dez entidades e foron atendidas as nove que reunían os requisitos establecidos nas bases da convocatoria.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova