Cargando....
Concello de Lugo
29/10/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo e o Fondo Galego de Cooperación organizan un concerto solidario para recadar fondos para Filipinas


# Martes, 14/01/2014
As entradas terán un prezo único de cinco euros e poderanse mercar dúas horas antes nas taquillas do Auditorio Gustavo Freire

Imaxe Asociada
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre acompañada pola Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, que tamén acudiu como representación do Fondo Galego de Cooperación, Rosendo Iborra, director da Banda Municipal de Música de Lugo, Armando Morales, Director da Escola de Música Municipal e Ivan Martinez Sabio director da Banda Filarmónica de Lugo, presentaron esta mañá un concerto solidario coas vitimas da catástrofe natural que arrasou parte das Filipinas.

O concerto terá lugar o domingo 19 ás 19.00 horas no Auditorio Gustavo Freire e as entradas terán un prezo simbólico de 5 euros, así, “cos diñeiro recadado das entradas ingresaremolo na conta que ten aberta o Fondo Galego de Cooperación para que fagan chegar á Filipinas” segundo explicou Carmen Basadre. 

A Concelleira de Cultura sinalou que “foron moitos os cidadáns que nos pediron facer algún acto de apoio a Filipinas polo que tamén temos que agradecer ás tres organizacións musicais a súa participación desinteresada neste concerto benéfico”.

Pola súa parte, a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, lembrou que “Lugo é a única cidade de Galicia que mantén as subvencións para programas de cooperación e desarrollo en países empobrecidos o que indica o nivel de compromiso que este Goberno ten coa sociedade”. Ademais tamén se referiu a que “aquí hai xente que o pasa mal pero noutros países non teñen absolutamente nada”.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova