Imprimir

O MIHL OFRECE DESDE MAÑÁ A EXPOSICIÓN "OLERÍA TRADICIONAL DE ESPAÑA: MEDIDAS DO VIÑO"


14/1/2014 A inauguración terá lugar ás 19.00 horas e está aberta a todo o público 

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Língua, Carmen Basadre, anunciou a apertura, mañá, dunha nova exposición no MIHL. 


A mostra “Olerías de España: medidas do viño” vaise inaugurar nun acto no que está programada unha conferencia sobre “Alfarería insólita”, que correrá a cargo de Lucía Blesa e Domingo Sanz. Tamén haberá unha visita guiada á exposición, que estará dirixida polo comisario da mostra, Ricardo Fernández.

A Concelleira de Cultura convidou a todos os lucenses que estean interesados a asistir ós actos, que terán lugar a partir das 19.00 horas. 

A exposición poderase visitar durante dous meses, ata o 15 de marzo.