Cargando....
Concello de Lugo
16/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo crea unha nova liña de axudas para as pequenas empresa de Lugo cunha inversión de 450.000 euros


# Xoves, 16/01/2014
A Concelleira de Economía explicou que “temos que tomar medidas para fomentar e apoiar ás microempresas xa que o Goberno de Feijoo está eliminando todas as axudas”

Imaxe Asociada
 
As axudas van dirixidas a pequenas empresas que contraten a persoas desempregadas un mínimo de 6 meses


A Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, anunciou esta mañá unha nova liña de axudas para as pequenas empresas así como fomentar a creación de emprego entre os colectivos mais desfavorecidos do municipio cunha inversión de 450.000 euros, como se deu conta na reunión da Mesa Local de Comercio.

Sonia Méndez manifestou que a través dos diferentes asesoramentos e proxectos que se atenden no CEI-Nodus observouse que moitos dos proxectos non se poden poñer en marcha por falta de financiamento e “a diminución das axudas por parte do Goberno de Feijoo e de Rajoy que na época na que fai falta máis colaboración eles esquecense de accións para promover o emprego”. Poderán solicitar esta liña de axudas as microempresas, menos de 10 persoas, que desenvolvan a súa actividade dentro do municipio de Lugo, excluida a zona URBAN. A axuda poderá ser de ata o 50% do total dos gastos e se están promovidos por unha muller, incrementaráselles a subvención nun 5% máis, ata un máximo do 55%.

Dende o Concello trátase de impulsar actuacións a través de políticas que favorezan a empregabilidae, como é o estimulo e as axudas a creación de pequenas empresas que contribúan á dinamización do tecido empresarial e a creación de novos postos de traballo, así como fomentar a mellora competitiva das empresas xa existentes. 

Estas medidas son complementarias a outras iniciativas que xa impulsou este Concello, como son as axudas do Plan Urban, exclusivo para o casco histórico, ou a creación e xestión do CEI-Nodus, en funcionamento dende o ano 2004, e que ademais de ceder espazos para novas empresas tamén realizan unha tarefa de asesoramento.

Entre esta nova liña de axudas e as do Plan Urban, o Concello de Lugo, invirte 670.000 euros para a creación de novas pequenas empresas permitan o autoemprego e que revitalicen o sector económico da cidade repercutindo na súa rexeneración.

Técnicos desenvolvemento rural

A Concelleira de Economía, Emprendementos e Autónomos, Sonia Méndez, tamén anunciou que a Xunta segue a eliminar axudas para os autónomos e emprendedores en Lugo “ao privar a todos os emprendedores da cidade e da provincia de tres técnicos de desenvolvemento no CEI-Nodus ao baixar a subvención para a súa contratación dun 80% a un 29%”. Esta baixada provoca que o Concello non teña capacidade de contratación para cumplir coa normativa aprobada polo Goberno central que non permite facer novos contratos. “É un insulto o que está facendo Feijoo coas empresas e autónomos porque cando máis se precisa a súa axuda o que fan é eliminala” sinalou Sonia Méndez que tamén lembrou que no 2013 estes técnicos atenderon case 400 asesoramentos empresariais.

Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova