Cargando....
Concello de Lugo
06/12/21
NOVAS
Escoita esta páxina

A carreira Noctura Monumental do Corre Con Nós conta con preto de 1.600 corredores de todas as idades


# Venres, 17/01/2014
Esta é a terceira proba do circuito e celébrase o sábado 18 de xaneiro nas rúas do centro da cidade de Lugo

Este próximo sábado 18 de Xaneiro de 2014 terá lugar a carreira Nocturna Monumental, que acollerá a preto de 1.600 corredores de todas as idades e que é a terceira proba do XIV CIRCUITO LARSA CORRE CON NÓS, que organizada a Concelleria de Deportes.

A proba para adultos dará comezo ás 19:00 horas e terá un percorrido de 4.000 metros, en dúas voltas, con saída na Praza Maior e a liña de meta fixada no mesmo punto.

Por outra parte, a carreira para os máis pequelos terá diferentes horarios en función das distancias. Os primeiros en tomar a saida,  ás 18 horas, serán os participantes da categoría mini (nados en 2008 e 2009), cunha distancia de 300 metros. A continuación sairán dez minutos máis tarde os da categoría A (nados entre 2005 e 2007), con 850 metros; ás 18:20 horas será o turno para a categoría B (nados entre 2002 e 2004), con 1.230 metros, mentres que a categoría C (nados entre 1999 e 2001), con 2.000 metros, faráo ás 18:30 horas. 

A entrega de dorsais e chips que non os recolleran con anterioridade será o sábado 18 entre as 10 e as 13 horas nas oficinas da Piscina Municipal de Frigsa. Para máis información



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova