Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O MIHL acolle durante os próximos dous meses un taller de olería e barro dirixido a familias


# Luns, 20/01/2014
Poderán inscribirse  no propio museo o día das actividades ou a través do 010

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da lingua, informa da realización dos obradoiros “Barroenvivo” nos que as familias poderán traballar modelando arxila.

Así, as persoas que estén interesadas poderán inscribirse no museo o día da actividade ou a través do 010. O horario do obradoiro será os venres de 17 a 20 e os sábados de 10.30 a 13.30 horas e os días que se levará a cabo son os días 24 e 25 de xaneiro, 7, 8, 21 e 22 de febreiro e o 7, 8, 14 e 15 de marzo.

Esta actividade é complementaria da exposición Olería tradicional de España: medidas do viño que reúne 108 pezas de alfarería de diferentes puntos da xeografía española e que se poderá visitar ata o 15 de marzo.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova