Imprimir

O CONCELLO DE LUGO PARTICIPA HOXE NUN FORO DE TURISMO PREVIO Á CELEBRACIÓN DE FITUR


21/1/2014 O Alcalde e a Concelleira de Cultura foron convidados a participar no 7º Foro Exceltur

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, xunto coa Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Língua, Carmen Basadre, asiste hoxe, en Madrid, ó 7º Foro Exceltur adicado ó tema “O Turismo: sector clave para reforzar a marca País”.
 
O Concello de Lugo foi convidado por Exceltur a participar neste Foro no que se desenvolven distintos paneis e que conta coa intervencion de autoridades políticas e representantes das empresas e asociación turísticas de diversos lugares do mundo.

Nel estanse analizando os puntos fuertes e débiles do turismo así como a necesidade de coordenación entre as administracións e as empresas.

O Foro foi inaugurado polo Presidente de Exceltur, o chantadino Amancio López, e polo Presidente do Goberno de España, Mariano Rajoy.