Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde e a Concelleira de Cultura asisten á inauguración da Feira Internacional de Turismo


# Mércores, 22/01/2014
Esta tarde preséntase en FITUR a guía da Asociación de Hostalería “….E para comer, Lugo”

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Alcalde, José López Orozco, e a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Língua, Carmen Basadre, participaron esta mañá na inauguración da Feira Internacional de Turismo, FITUR 2014, que se celebra en Madrid ata o domingo.

Lugo xa terá un protagonismo especial na Feira esta mesma tarde, con motivo da presentación da guía turístico-gastronómica “....E para comer, Lugo”, que edita a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo. 

Para mañá está prevista a presentación da oferta turística da nosa cidade que levará a cabo o Concello. O acto terá lugar ás 12.00 horas, no estand de Galicia, e correrá por conta do Alcalde e da Concelleira que explicarán os numerosos atractivos culturais, paisaxísticos, gastronómicos e festivos que fan da nosa cidade un destino turístico en expansión. 

Mañá tamén, o Alcalde e a Concelleira de Cultura serán os encargados de recoller a distinción concedida a Lugo pola empresa de viaxes Trivago, que considera a nosa cidade como un dos tres destinos turísticos de España con maior proxección para este ano, logo de que nun estudo que realizou no 2013 figurara entre os cen primeiros destinos turísticos do mundo e o sétimo de España. 

López Orozco e Basadre tamén participaron onte no Foro de liderazgo turístico organizado por Exceltur e teñen previsto asistir, ademais, a unha xuntanza que celebrará mañá a Rede de Cidades Catedralicias..



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova