Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Carmen Basadre participa na presentación da guía E para comer, Lugo en Fitur


# Mércores, 22/01/2014
 A Apehl deu a coñecer en exclusiva esta tarde na Feira Internacional de Turismo de Madrid a guía de 2014, que está adicada á auga




Imaxe Asociada Imaxe Asociada
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Língua, Carmen Basadre, participou esta tarde na presentación en Fitur da guía turística …E para comer, Lugo, que correu a cargo do Presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo, Cheché Real. Tamén participaron no acto a Deputada provincial Pilar García Porto, a Secretaria xeral para o Turismo, Nava Castro; a Delegada territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Raquel Arias e o presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, José Manuel Rodríguez.

Real aproveitou este escaparate internacional para anunciar o novo nome oficial da Apehl, que vén de converterse na Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo. Tal como indicou, “este cambio non vai supoñer diferenzas respecto da actividade que viñamos desenvolvendo. Hai tempo que traballamos na promoción turística e gastronómica da provincia baixo a marca …E para comer, Lugo”. 

O presidente do colectivo de hostaleiros reivindicou a necesidade de que os axentes que operan neste ámbito dende a iniciativa pública e privada deseñen unha política común de actuacións que permita proxectar unha imaxe clara de Lugo como destino. 

A guía presentada naceu hai anos con esa vocación e, de feito, é a única do seu xénero que representa o conxunto da provincia, o que a fai imprescindible para os viaxeiros. A publicación ofrece un heteroxéneo abano de propostas para que os turistas organicen un completo plan vacacional por estas terras. Nesta ocasión, a protagonista é a auga nas súas múltiples formas: mar, ríos, rías, lagoas, fervenzas, fontes e mananciais, a través dos cales se amosan natureza, arte, historia, festas e gastronomía. 

…E para comer, Lugo ten unha tiraxe de 15.000 exemplares e unha ampla distribución polas oficinas de turismo, os albergues de peregrinos, as feiras sectoriais, as etapas de La Vuelta etc. Así mesmo, conta cunha edición on-line, dispoñible na páxina web www.eparacomerlugo.es.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova