Cargando....
Concello de Lugo
16/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Carmen Basadre asina un novo convenio co Grupo Alsa e con Gestagua para o apoio do Arde Lucus 2014 no marco de Fitur


# Xoves, 23/01/2014
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da lingua indicou a “importancia de que as entidades colaboren para a realización de festas de interese”

Imaxe Asociada
A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, asinou esta mañá nas instalacións de Turgalicia, en Fitur, un convenio co grupo Alsa, e representado polo apoderado Juan González Hernández,  e con Gestagua, representado por Gonzalo Murillo de Torres, para a colaboración de patrocinio da Festa do Arde Lucus 2014.

Carmen Basadre sinalou que “un ano máis contamos co apoio de dúas grandes empresas que nos permitirán difundir o Arde Lucus 2014 e que co seu patrocinio apoian unha festa que cada ano ten máis visitantes”. Así, co Grupo Alsa, chegouse ao acordo para facer un desconto do 25% a todas as persoas que queiran achegarse a desfrutar o Arde Lucus, que se celebra os días 13, 14 e 15 de xuño. Ademais, segundo destacou a responsable da área de Xuventude, o compromiso base é  facer unha promoción da festa por toda España a través dos recorridos que o Grupo Alsa realiza. Neste sentido comprometéronse a emitir un vídeo de 20 minutos sobre o Arde Lucus e o que representa para a cidade no canal de entretemento a bordo dos que dispoñen todos os autobuses. Ademáis tamén anunciou que se fará un acordo para que as liñas internacionais de Alsa leven publicidade de Lugo por todo Europa.

Un ano máis tamén se comprometen a crear un banner na páxina web (www.alsa.es ) onde se poderá obter toda a información para a compra dos billetes e sobre a programación do Arde Lucus. Dende esta aplicación farase o desconto do 25% para aquelas persoas que merquen un billete para a cidade de Lugo entre os días 10 e o 17 de xuño.

Por outro lado, Gestagua, comprométese a asumir o gastos derivados das actividades realizadas na execución do espectáculos do Arde Lucus por valor de 7.000 euros. “Son axudas moi importantes para a realización destas actividades que atraen cada vez a máis visitantes a nosa cidade” segundo Carmen Basadre.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova