Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo recolle en FITUR o premio a Lugo como "Destino Recomendado 2014"


# Xoves, 23/01/2014
López Orozco e Carmen Basadre presentaron os atractivos turísticos da cidade en FITUR e invitaron a visitar a cidade durante o 2014

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
Ademais, neste último ano, engadíronse novos achádegos arqueolóxicos únicos relacionados cunha antiga necrópole ou a posta en marcha da Domus de Mitra

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a  Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentaron esta mañá no marco da 34ª edición de Fitur as novidades e atraccións do Concello de Lugo facendo referencia á campaña turística  Lugo máis de 2.000 anos de vida, ante a atenta mirada de numerosos curiosos que solicitaron información sobre a cidade. No acto tamén estiveron presentes lucenses recoñecidos como a escritora Marta Rivera de la Cruz.

O acto, que tivo lugar no pabellón 9 dentro do stand de Turgalicia, comezou coa proxeción dun video sobre a cidade no que se reúnen imaxes relacionadas coa historia, a arqueoloxía, a gastronomía, as festas tradicionais, os novos equipamentos culturais e o Río Miño.

López Orozco centrou o acto, ademais de “invitar a todo o mundo a descubrir a nosa cidade”, en dar a coñecer novidades importantes relacionadas coa arqueoloxía no último ano e que supoñen un novo atractivo turístico máis. Así, no último ano, creouse unha nova ventá arqueolóxica nas que se pode ver un colorido mosaico, rehabilitouse a Ponte Romana, e tamén se descubriron importantes achádegos correspondentes con técnicas de soterramento e incineración únicas no norte peninsular nas obras de rehabilitación do Vello Cárcere, “todos eles atractivos que fan da nosa cidade un punto importante a nivel arqueolóxico e que non pasan desapercibidos para os visitantes”.

Ademais destacou que “queremos aproveitar Fitur para ter a oportunidade de darnos a coñecer e presentar as novidades que temos, a nosa riqueza patrimonial e o ben que se come”. O Alcalde de Lugo animou a visitar a cidade neste próximo ano e descubrir os sorpresas que esconden as súas pedras e as súas rúas e que non deixan a ninguén indiferente “todos os que veñen, repiten, e eso é por algo”.

Pola súa parte, Carmen Basadre, fixo un percorrido polas principais atraccións coas que conta o Concello de Lugo, tanto na zona urbana como na rural, ademais de “posuir un monumento único como é a Muralla romana”. Así, dividiu en catro as diferentes atraccións: a primeiras delas o Lugo Cultural (arqueoloxía e historiaa) no que destacou a incorporación de novos museos como a Domus de Mitra, as novas ventás arqueolóxicas dos fermosos mosaicos da Domus Oceani ou dos restos funerarios atopados nas obras de rehabilitación do Vello Cárcere, sen esquecerse do templo tamén con características únicas de Santa Eulalia de Bóveda. O paso por Lugo da Via XIX romana e do Camiño Primitivo de cara a Compostela ou a posta en valor da Ponte Romana e o MIHL tamén foron algúns dos atractivos destacados.

Nun segundo grupo figura o Lugo Natural, unha clara referencia á importancia que teñen os ríos Miño e Rato e que están denominados como Reserva da Biosfera e que forman o cinturón verde da cidade. Tamén salientou as importantes atraccións da zona rural de Lugo e coas que se crearon rutas como a do Lugo Agrario ou a de Terras de Auga e Cultura.

Carmen Basadre tamén explicou nun terceiro bloque que Lugo é para xente, para que desfruten coa gastronomía, coas actividades culturais e que conta con rutas accesibles por toda a cidade para persoas con problemas de movilidade. E, como non, tamén destacou o Lugo das festas, encabezado polas dúas grandes citas anuais do Concello, o San Froilán festa tradicional e declarada Festa de Interese Turístico Nacional e o Arde Lucus, que conta con doce edicións pero que cada ano se consolida como unha das citas máis destacadas da recreación histórica a nivel nacional e que ten a declaración de Festa de Interese Turístico Galego.

Carmen Basadre A Concelleira explicou que a campaña publicitaria se vai centrar en cinco puntos centrais: o extraordinario legado romano (Muralla, Ponte, Piscina Romana, Acueducto…) e o novo Museo Interactivo da Historia de Lugo; o casco antigo da cidade único no mundo e a renovación da Catedral; o patrimonio medioambiental coa declaración da zona como Reserva da Biosfera “Terras do Miño”; a boa gastronomía e a boa calidade dos produtos autóctonos; e as festas máis populares, o San Froilán, declarado Festa de Interese Turistico Nacional, e o Arde Lucus, que por primeira vez se promociona en FITUR e que se pretende sexa declarada Festa de Interese Nacional ao ser unha das actividades máis espectaculares e animadas de España.


Lugo, destino recomendado 2014

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recolleu o premio concedido polo comparador de prezos de hoteis e viaxes www.trivago.es como Destino recomendado 2014 ao quedar de terceiro destino no ranking de cidades españolas e de 65º no ranking de cidades internacionais.

Con este premio, entregado pola Directora de Trivago España, Natalia Aguilar,  recoñécese a labor das cidades a través de diferentes aspectos como o aloxamento ou as atracións turísticas a través das opinións vertidas polos usuarios que evaluaron a súa experiencia en Lugo e que o dotaron cunha excelente reputación online. Estas valoracións xunto cos prezos económicos convérteno nun dos top 3 dos destinos españois xunto con Albarración e Úbeda todos recomedados pola súa excelente relación calidade-prezo.

López Orozco sinalou que “para Lugo é un honor estar entre os destinos recomedados para o 2014 o que supón un recoñecemto ao traballo realizado tanto polos hostaleiros como polos veciños e veciñas” ademais de que “significa que non se está facendo tan mal en canto ao fomento do turismo se refire porque temos unha cidade con atractivos históricos, culturais, naturais e gastronómicos además das festas como o San Froilán e o el Arde Lucus".

Pola súa parte, dende Trivago, destacan que as cualidades de Lugo empezan “polo prezo medio dos seus aloxamentos que é de 63 euros á noite” segundo os datos do comparador e o “atractivo cultural da súa Muralla romana declarada ben Patrimonio da Humanidade pola UNESCO e que é a única fortificación romana do mundo que conserva íntegro todo o seu perímetro”.

No ranking no que aparecen as tres cidades premiadas fai referencia á clasificación publicada por Trivago a nivel internacional cos 100 destinos do mundo máis recomendables para viaxar no 2014. Para obter estes datos tívose en conta un algoritmo que relaciona diversos aspectos como son a reputación online hoteleira, os precios medios máis económicos e as atracións turísticas do destino e o seu entorno.

http://imgec.trivago.com/contentimages/press/texts/ndp_top100destinos_2014.pdf
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova