Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello rehabilita unha fonte en Adai co Plan de emprego municipal SELFE II


# Xoves, 23/01/2014
Manuel Chaín visitou hoxe a fonte de Vilar que acaba de ser rehabilitada grazas ó Plan de emprego do Concello

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Concelleiro de Infraestruras e Zona Rural, Manuel Chaín, efectuou hoxe unha visita á fonte do lugar de Vilar, na parroquia de Adai, que acaba de ser rehabilitada polo Concello.

A recuperación da fonte de Vilar é unha das actuacións que levou a cabo o Concello na zona rural de Lugo ó abeiro do Plan de emprego municipal SELFE II.

O Concello de Lugo mantén como obxectivo prioritario o de axudar á creación de emprego na cidade e, por elo, investiu 325.000 euros no segundo Programa de Servizos Locais e Fomento de Emprego (SELFE II) co obxectivo de continuar coas políticas activas de emprego.

Deste xeito, o Concello garante o cumprimento de tres obxectivos. Por un lado contribúe ó mantemento e creación de novos postos de traballo en Lugo e, ademáis, axuda á permanencia de empresas do tecido empresarial local, ó tempo que se levan a cabo distintas actuacións que son de interese municipal.

O Plan SELFE II conta con cinco liñas de actuación consistentes no mantemento e conservación de construcións rurais (fontes, cruceiros, lavadoiros...) e tamén a conservación e mantemento de espazos verdes públicos, instalacións deportivas municipais, dos colexios e escolas infantís e da pavimentación, mobiliario e sinalización da rede viaria municipal.

Na segunda edición do Plan SELFE, que veu sustituir ó Plan Piles, o Concello de Lugo está a dar traballo a un total de 26 persoas, 16 delas traballadores que se atopaban en situación de desemprego e foron contratados polas empresas para a realización destas obras municipais.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova