Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Xustiza dalle a razón ó Concello na oposición de auxiliares administrativos


# Venres, 24/01/2014
O Xulgado imponlle as costas ó aspirante que reclamou contra a inclusión da Xefa de persoal no tribunal examinador

A Xustiza acaba de darlle a razón ó Concello de Lugo nun recurso presentado por un opositor que participou no procedemento selectivo das prazas de auxiliares de Administración xeral.

O Xulgado do Contencioso Administrativo número 2 de Lugo vén de ditar unha sentenza favorable ás teses defendidas polo Concello de Lugo e nela impón o pago das costas ó demandante cun límite de 900 euros.

O demandante impugnou a resolución do Concello de Lugo de data 13/8/2010 polo que foi rexeitado un recurso de reposición que presentara contra a resolución ditada no procedemento selectivo das prazas de auxiliares de Administración xeral e contra a designación nominal do tribunal cualificador do procedemento selectivo convocado polo Concello para o acceso en propiedade a tres prazas de auxiliar de Administración xeral, en quenda de consolidación de emprego temporal.

O demandante poñía en cuestión, no seu recurso, a participación da Xefa de persoal do Concello nese tribunal examinador, xa que consideraba que era nula de pleno dereito co argumento de que a súa praza fora anulada por diversas sentenzas.

Sen embargo, o Xulgado recolle distintas sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que avalaron o nomeamento da Xefa de persoal polo que declara que “a presidencia do Tribunal estaba ocupada por unha persoa que ocupa no organigrama municipal un posto de traballo que lle permite ostentar tal condición, debendo rexeitarse tal motivo impugnatorio”.

Tamén desbota o Xulgado do Contencioso un segundo argumento do demandante, basándose nas mesmas resolucións do TSXG, que expresamente declararon que a categoría de persoal estatutario dos servizos de saúde é unha categoría comprendida dentro da de funcionario de carreira, polo que dí “tampouco dende esta perspectiva cabe invalidar a súa integración no Tribunal cualificador”.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova