Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Concelleira de Cultura manifestou a boa acollida que tivo Lugo na feira de turismo internacional FITUR


# Venres, 24/01/2014
Carmen Basadre sinalou que “é moi importante que a nosa cidade esté presente nos listados de mellores destinos turísticos xa que eso aporta máis turistas e máis movemento económico”

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, recoñeceu sentirse moi satisfeita pola acollida que ten Lugo na feira de turismo internacional FITUR 2014.

“Ir a Fitur é unha experiencia importante e imprescible e non se debe de perder cando se trata de promocionar unha cidade como Lugo, nun marco no que profesionais e non profesionais do sector turistico aproveitan para coñecer novidades” segundo Basadre.

A Concelleira sinalou que “Lugo tiña moitas novidades que mostrar xa que grazas ao traballo que está a facer este equipo de Goberno, ano tras ano vanse poñendo en valor novos restos arqueolóxicos xa sexa con ventás arqueolóxicas o coa musealización dos mesmos”. Así, este ano como novidades presentouse a rehabilitación da Ponte Romana, o Domus do Mitreo, a ventá arqueolóxica da rúa Doutor Castro, ou os achádegos dos obras do Vello Cárcere.

Ademais explicou que “foi moi positivo porque, presentamos as novidades da nosa cidade, pero tamén participamos na presentacion da Guia de Hosteleria da provincia de Lugo ou na da Ribeira Sacra”.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova