Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde salienta "o acerto do Círculo na construción do Espacio Joven e a sensibilidade pola conservación dos achádegos arqueolóxicos"


# Venres, 24/01/2014
O presidente do Círculo agarda que esta "apertura ós xóvenes sirva para dinamizar a Sociedade e, con elo, a vida cultural e lúdica dos lucenses"

En febreiro comezarán as xornadas de portas abertas, que culminarán cun espectáculo infantil de maxia



O Alcalde de Lugo, José López Orozco, inaugurou hoxe de forma oficial a nova sé do Círculo das Artes, o denominado Espacio Joven, construído nas tres casas contiguas da Praciña do Colexio. Tras descubrir a placa, o Alcalde felicitou á directiva e a todos os socios do Círculo, porque, explicou, “foi un acerto que a entidade adquirise as vivendas co fin de ampliar as súas instalacións e rehabilitar esta zona”. Ademais, López Orozco referiuse á colaboración entre o Concello e o Círculo para contribuir á conservación do patrimonio histórico, trala aparición dos restos romanos nesta zona. Así, destacou “a gran sensibilidade que tivo o Círculo, o que fixo moi fácil que puidéramos chegar ó acordo para poñer en valor e facilitar as visitas ós achádegos arqueolóxicos descubertos neste lugar”.

Tamén o presidente do Círculo, Jesús López-Domínguez López, chamou a atención sobre a boa sintonía co Concello de Lugo e amosouse convencido de que a colaboración seguirá adiante en beneficio da cultura e dos lucenses.
Para López-Domínguez, coa construción deste Espacio Joven, o Círculo das Artes ve cumpridos dous dos seus principais e máis demandados obxectivos: a apertura da Sociedade ós nenos e mozos, e con elo ás novas formas de cultura e ocio; ademais de facer accesible a sé principal, grazas á instalación dun ascensor panorámico e a construción dun acceso dende a súa segunda pranta ata o Salón Rexio do Círculo.

Xornadas de portas abertas

Entre o luns día 3 e o venres 7 de febreiro, o Espazo Joven celebrará as primeiras xornadas de portas abertas, para que todos aqueles que o desexen poidan coñecer as múltiples posibilidades e os futuros usos desta nova sede. Para elo, este edificio estará aberto durante esa semana en horario de 11:00 a 13:00 da mañá e de 17:00 a 19:00 da tarde. Esta primeira xornada de portas abertas terminará o mesmo venres ás sete da tarde, cun espectáculo infantil de maxia, dirixido a toda a familia e aberto ó público en xeral, pero no que os auténticos protagonistas serán os nenos.

Máis de 300 novos socios nun mes

A presentación á sociedade desta nova sé de ocio e cultura xuvenil coincide coa campaña de captación de socios que dende fai un mes está levando a cabo o Círculo das Artes e que continuará nas próximas semanas. Aínda que dende a Xunta Directiva sinalan que co gallo das festas de Nadal sempre hai novas altas, no último mes superáronse os rexistros doutros anos e as previsións máis optimistas, xa que se rebasaron os 300 novos socios. A eliminación da cota de entrada; a futura posta en marcha das nuevas actividades do Espacio Joven; e as tarifas de 9,80 euros ó mes para mozos, e de 19,60 para familias, contribuiron a este repunte no número de altas.

Asistentes

Á inauguración desta nueva sede asistiu o Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Cultura, Carmen Basadre, ademais dos voceiros e concelleiros dos grupos municipais no Concello de Lugo; a responsable de Economía e Facenda na Deputación provincial, Pilar García Porto; e a portavoz do PP nesta institución, Elena Candia. En representación da Xunta, acudiron o Xefe Territorial de Presidencia, José Manuel Rozas, e o Xefe Territorial de Cultura e Deporte, José Jesús Ramos Ledo. Tampouco faltaron á cita o subdelegado do Gobierno, Ramón Carballo; o presidente da Audiencia, José Antonio Varela Agrelo; e o vicerreitor do Campus de Lugo, Pedro García Herradón.      

Estiveron presentes os responsables da Cámara de Comercio, Luis Abelleira; Jaime López, da Cel; Hipólito Trinidad como presidente da Apec, e Beatriz Varela como máxima representante da Asociación de Mulleres Empresarias. Ademais de directivos de entidades bancarias, asistiron como invitados ó acto o presidente da Federación de Círculos e Casinos de Galicia, Enrique Sampil; o presidente de honor del Círculo, Mauro Varela; e Xulián Parga e Juan Carlos Teijeiro en representación de anteriores xuntas directivas.

Os responsables da obra do edificio, o arquitecto Arturo Silvosa e o aparellador Alfonso García-Boente Carro tamén asistieron ó acto, xunto a José Bouso responsable de Odegal, empresa encargada das obras de construcción da nueva sede.

Sociedades como a Filarmónica de Lugo e asociacións como Auxilia tamén quixeron estar nun acto, no que a cultura e o patrimonio estiveron representados por, entre otros, a xefa do servizo de Arqueoloxía do Concello, Covadonga Carreño; a directora do Museo Provincial de Lugo, Aurelia Balseiro; o director del Museo Arqueolóxico do Castro de Viladonga, Felipe Arias, ademais de por técnicos de Patrimonio da Xunta de Galicia.

Salas polivalentes para múltiples usos

Na visita guiada ás autoridades realizada por la xestora cultural do Círculo, Noelia Castro, púxose de manifiesto que aínda que esta sede está pensada case exclusivamente para os mozos, a pranta baixa contará cunha cafetería insonorizada e con terraza na zona exterior, onde tamén se atopa a ventá arqueolóxica que alberga os restos. Da primera planta, Noelia Castro destacou a estancia máis ampla, que se utilizará como sala de animación infantil, para realizar actividades e obradoiros para os máis pequenos.
 
A segunda pranta do novo edificio dotouse dunha iluminación especial para poder destinala a sala de exposicións. Ademais, construiuse unha zona reservada para as clases de pintura, aproveitando o espazo dunha das tres casas, e ante a necesidade de respectar a estrutura dos tres inmobles, unha división que se aprecia moi ben dende o  exterior do inmoble. 

Da segunda pranta do novo edificio, destacaron tambén a zona de acceso á sede principal do Círculo. Grazas á construción do ascensor panorámico e a este paso que comunica con estancias do outro edificio, como o Salón Rexio, conseguiuse que a sé  principal sexa por fin accesible.

A estancia principal da terceira pranta destinarase a cibersala, para albergar postos de estudo on line para os máis novos, equipados para conectarse á rede wifi a través de calqueira dispositivo móvil.

Por último, o baixo cuberta albergará zonas de estudo e biblioteca para xóvenes, que nesta pranta contarán ademais con postos individuais para traballar con ordenadores, PDAs, etc. 

O que quedou de manifesto coa visita ó novo edificio é que a maioría das salas son polivalentes, polo que se poderán utilizar para acoller múltiples actividades, propias das novas formas de cultura e ocio.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova