Cargando....
Concello de Lugo
23/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Goberno local autoriza un presuposto de máis de 1 millón de euros para as subvencións nominativas ás asociacións de Lugo


# Luns, 27/01/2014
Este ano as subvencións nominativas teñen que ser aprobadas polo Pleno porque figuraban no Presuposto de 2014 rexeitado pola oposición e non se poden prorrogar

O Goberno local agarda que a oposición apoie as noventa subvencións, que se votarán no Pleno do luns, para non perxudicar ás asociacións

O Goberno local aprobou hoxe adicar 1.132.100 euros ó tecido asociativo de Lugo a través do programa de subvencións nominativas, segundo informou a Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Ménez.

A decisión tomada pola Xunta de Goberno Local, que se reuniu esta mañá en sesión extraordinaria, deberá ser refrendada agora polo Pleno da Corporación e someterase á súa consideración na sesión prevista para o vindeiro luns.

O Goberno local someterá a proposta á consideración do Pleno na sesión prevista para o vindeiro luns, día 3 de febreiro, e agarda que a oposición apoie o reparto das subvencións nominativas para non perxudicar o labor que desenvolven as asociacións de Lugo .

Deste xeito, o Goberno local tenta garantir que as asociacións sociais, culturais e deportivas seguen a contar co apoio económico do Concello para sacar adiante os seus proxectos e que dispoñan destas axudas o antes posible, a pesar de que non foron aprobados, polo voto en contra da oposición, os Presupostos municipais para 2014 nos que xa figuraba este programa de subvencións nominativas ás asociacións de Lugo.

A proposta que aprobou hoxe a Xunta de Goberno Local supón a concesión dun total de 90 subvencións nominativas para que as distintas asociacións e entidades poidan desenvolver outros tantos proxectos.

Sonia Méndez explicou que o Concello fai un importante esforzo económico para asegurar estas achegas que nunha parte importante, máis de 200.000 euros, irán destinadas a asociacións de carácter social porque fan un labor fundamental, especialmente neste momento de crise, en apoio ás familias e colectivos desfavorecidos.

Outro colectivo que se beneficia das subvencións municipais é o deportivo. Os clubes e asociacións disporán dun presuposto de máis de 700.000 para as escolas deportivas, deporte de base e campionatos.

Tamén haberá subvencións do Concello para entidades que traballan noutros campos como son os de promoción da muller, sanidade, participación cidadá e cultura.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova