Imprimir

O ALCALDE DE LUGO ASISTIU Ó ACTO ACADÉMICO DA USC QUE CONMEMOROU A FESTA DE SANTO TOMÁS DE AQUINO


27/1/2014

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, participou esta mañá nos actos conmemorativos da festividade de Santo Tomás de Aquino organizados pola Universidade.

O acto central organizado pola USC tivo lugar esta mañá no campus de Lugo, na Facultade de Humanidades, e foi presidido polo Reitor, Juan Casares Long.

A festividade de Santo Tomás de Aquino conmemorouse cun acto académico no que o Reitor abriu cun discurso, que deu paso á lección maxistral a cargo do profesor Jose Manuel Oro Cabanas sobre Enseñanza/aprendizaje de la lengua inglesa.Tradición y modernidad e o acto rematou coa interpretación do Gaudeamus Igitur polo Coro universitario.