Imprimir

O ALCALDE DE LUGO RECIBE AO NOVO XEFE PROVINCIAL DE OPERACIÓNS DA POLICIA NACIONAL


29/1/2014

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu esta mañá ao novo Xefe Provincial de Operacións da Policia Nacional en Lugo, Abelardo Ramos, e no que estivo acompañado polo Comisario Xefe de Lugo, Manuel Teijeiro. Abelardo Ramos viña desenvolvendo dende hai anos as súas tarefas en Madrid. López Orozco destacou a importancia de que veñan para Lugo a traballar persoas moi ben preparadas e involucrados coas súas obrigas.