Cargando....
Concello de Lugo
23/01/21
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo terá que pedir permiso á Xunta para xestionar programas de apoio a parados, autónomos e emprendedores


# Mércores, 29/01/2014
Un informe xurídico da FEMP ditamina que a nova Lei de Administracións Locais fai precisa a autorización da Xunta para que os concellos leven a cabo políticas de emprego como as que desenvolve o Concello de Lugo

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
A Concelleira de Economía reclamou a derrogación desta Lei que impide, por exemplo, a convocatoria de axudas a pemes por importe de 450.000 euros para a contratación de parados

Méndez lembra que o Concello de Lugo intensificou as políticas de fomento do emprego ante as altas taxas de paro e vista a pasividade da Xunta



O Goberno local de Lugo esixiu hoxe a derrogación da nova Lei de Administracións Locais porque lle impide ó Concello desenvolver como viña facendo ata agora programas de emprego e de fomento do emprendemento, dos que se benefician parados, autónomos e emprendedores e que van quedar supeditados a que a Xunta de Galicia lle dea permiso ó Goberno local aínda que estes programas se desenvolvan con cartos do municipio.

A Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, deu conta na rolda posterior á Xunta de Goberno Local, dos “estragos que está a causar a nova Lei” e informou de que un informe xurídido emitido pola Federación Española de Munipios e Provincias, en resposta a unha consulta prantexada polo Concello de Lugo, no que se comunica que, trala entrada en vigor da chamada Lei de Racionalización e Sostibilidade da Administración Local, para seguir desenvolvendo programas de emprego e para poñer en marcha medidas coas que fomentar o emprendemento é necesario que o Concello conte cun permiso da Xunta.

Sonia Méndez lembrou que o Concello de Lugo intensificou nos últimos anos o traballo que desenvolve en materia de formación, fomento do emprego e impulso da actividade emprendedora, que se levan a cabo dende o Centro de Empresas e Innovación, no Espazo>lab e a través do Plan Urban, para favorecer a creación de emprego e dinamizar a economía local nun momento no que a gravidade da crise económica fixo medrar de xeito preocupante as taxas de paro e dada a pasividade da Xunta de Galicia, que é a administración con competencias nesta materia. Méndez lembrou, por exemplo que o CEI asesorou 300 emprendedores que crearon numerosas empresas e postos de traballo.

Sen embargo, agora,  coa entrada en vigor da nova Lei de Administracións Locais os concellos non poden seguir exercendo ese labor de fomento do emprego e da actividade emprendedora sen contar previamente con autorización da Xunta de Galicia, dacordo co ditame xurídico da Federación Española de Municipios e Provincias.

Por este motivo, o Goberno local vese obrigado a suspender a convocatoria da liña de subvencións por importe de 450.000 euros que ía destinada a pequenas e medianas empresas de Lugo. As bases desta convocatoria para axudas a pemes coas que o Concello trataba de fomentar a contratación de parados de Lugo xa foran aprobadas e só estaban pendentes publicación, trámite que ten que quedar agora en suspenso, á espera de que a Xunta de Galicia autorice ó Concello a poñer en marcha esta liña de axudas que se financiaba exclusivamente con fondos municipais, procedentes, como se informou no seu día, dos remantentes propios do Concello.

“A convocatoria de subvencións para autónomos, emprendedores non pode ser publicada, ten que quedar en suspenso por culpa da Lei do Partido Popular, que nos exixe o informe preceptivo e vinculante da Xunta de Galicia”, explicou a Concelleira de Economía. Esta nova liña de axudas fora anunciada polo Concello na última reunión que celebrou a Mesa Local de Comercio.


Graves consecuencias para o emprego diante da parálise da Xunta

“Son moi graves as consecuencias desta Lei”, destacou Sonia Méndez quen volveu pedir, no nome do Goberno local, unha vez máis a derrogación desta normativa e que “se resolva, dunha vez, o problema competencial das Administracións locais que esta Lei non fixo máis que agravar”.

Sonia Méndez remarcou que foi “a parálise absoluta da Xunta do Partido Popular” a que levou ó Concello de Lugo a asumir funcións en materia de fomento do emprego, igual que de educación ou de servizos sociais polo que puxo en dúbida que agora a Xunta vaia asumir algunha destas competencias e a pesar delo “segundo o Partido Popular, un Concello non pode xestionar un Viveiro de empresas, un Centro de orientación laboral, dar axudas ós autónomos nin prestar asesoramento as persoas desempregadas”.

“Se queremos seguir desempeñando as competencias en materia de emprego, absolutamente necesarias nun momento no que o paro non deixa de medrar temos que pedir permiso da Xunta de Galicia, que se tomará o seu tempo para concedelo ou mesmo nin contestará”.

“Neste asunto, no que a Xunta ten un papel fundamental, como sempre nin está nin se lle espera, e a pesar de coñecer esta nova Lei non tomou ningunha iniciativa nin convocou ós concellos para dicirnos que procedemento debemos seguir e mesmo segue a sacar convocatorias, como a de axentes de emprego, para os concellos que non podemos exercer estas competencias, iso sí financiando só o 29%”, explicou a Concelleira de Economía.


As prohibicións do Partido Popular

Por iso, remarcou Sonia Méndez, mentres o Partido Popular, dende o Goberno de España prohibe ós concellos contratar persoal e asumir estas competencias e dende a Xunta financia só o 29%, “hai que ter cara para que o Partido Popular de Lugo saia a botarlle a culpa ó Concello de que non teñamos axentes de emprego cando dispoñemos dos medios para asumir a cofinanciación pero non podemos incumprir as leis do Partido Popular, que nos prohiben contratar persoal e exercer estas competencias”.

A Concelleira de Economía anunciou que o Concello de Lugo solicitará de inmediato á Xunta que se pronuncie sobre como debemos proceder e pedirá os informes preceptivos para poder axudar ós parados e emprendedores” e tamén anunciou que o Partido Socialista está a preparar un recurso de inconstitucionalidad contra a nova Lei de Administracións Locais por considerar que vulnera a a autonomía local, recoñecida pola Constitución e tamén pola Unión Europea.

Con respecto ós programas de fondos europeos como o Plan Urban ou o Lugo Emprego Activo, Méndez explicou que, segundo o ditame da Femp, poden continuar ata a súa conclusión.
Escoitar audio:
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova