Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A obra Hécuba de Eurípides abre a XIV Mostra de Teatro Clásico de Lugo


# Xoves, 30/01/2014
A obra da Compañía Pentación terá lugar mañá venres ás 20:30 horas

A decimocuarta Mostra de Teatro Clásico de Lugo comezará mañá venres coa obra Hécuba de Eurípides que poñerá en escena a compañía Pentación, baixo a dirección de José Carlos Plaza e coa interpretación de Concha Velasco, José Pedro Carrión ou Juan Gea entre outros.

O sábado, día 1 de febreiro, Espello Cóncavo representará Romano, dirixido por Lino Braxe e coa interpretación de Miguel Pernas, Manuela Varela e Xosé Vilarelle.

Para o martes 4 de febreiro está programada a representación de La mujer por fuerza de Tirso de Molina, a cargo da compañía Arte-Factor/ Brazo Doble, baixo a dirección de José Maya e cun plantel de actores formado por Alicia Rodriguez, Alex Tormo, José Bustos, José Carrasco, Alicia González, José Maya e Ana Alonso ou Iria Márquez.

Como novidade o xoves 6 de febreiro terá lugar Serán Clásico, un guiño ao outra disciplina artística como é a danza clásica e que conta no seu elenco con profesionais da danza a nivel internacional como Juan Miguel Hernández Delgado, Miguel Angel Ponte Mosteiro, José Luis Cibreiro, Ailen Ramos, Julia Méndez, Ana Serantes, e Rosalia Vázquez da Compañía Carballal Produciones. Eles interpretarán pezas do Quebrantanoces, ou do Lago dos Cisnes.

Por segundo ano consecutivo, Producciones El Brujo, encargarase de poñer en escena El Asno de Oro, de Lucio Apuleyo, o sábado 8 de febreiro. Rafael Álvarez, El Brujo, dirixe e interpreta esta obra que se interpreta por primeira vez en Lugo nun teatro pechado xa que a anterior vez foi en Mérida.

O domingo 9 de febreiro, a compañía Teatro de Fondo, escenificará o Sueño de una noche de verano, unha adaptación para o público infantil, a partir dos 7 anos, e familiar dirixida por Vanessa Martínez e coa actuación dos actores Mon Ceballos, Eva Higueras, Pablo Huetos, Pedro Santos e Maya Reyes, que presentarán un espectáculo ideal para coñecer o teatro e desfrutar del.
 
Donde hay agravios no hay celos de Francisco de Rojas Zorrilla, será a obra que representará a compañía Mephisto Teatro o mércores 12 de febreiro. Esta comedia dirixida por Liuba Cid conta cunha espectacular posta en escea con traxes de papel e cartón.

A Mostra rematará coa posta en escena de Celestina, la tragicomedia, de Ferando de Rojas, a cargo da compañía Atalaya. Este espectáculo conta coa dirección de Ricardo Iniesta e a interpretación con Carmen Gallardo, Raúl Vera, Silvia Garzón, Manuel Asensio, Jerónimo Arenal, Lidia Mauduit e María Sanz que farán por chegar aos sentidos dos espectadores.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova