Cargando....
Concello de Lugo
21/01/21
NOVAS
Escoita esta páxina

A Comisión de Contas aproba as subvencións nominativas por importe de máis de 1 millón de euros


# Xoves, 30/01/2014
A Concelleira de Economía tamén informou que dende o 2009, a través do Plan Urban, se conceron 134 axudas para o pequeno comercio e coa que se crearon 30 novos postos de traballo

Imaxe Asociada
A Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, deu conta do acordado na Comisión de Contas previa ao pleno que se celebra a próxima semana e na que se acordou elevar a pleno o proxecto de subvencións nominativas presentado polo Goberno local por 1,1 millóns de euros.

Sonia Méndez amousou a súa satisfacción “especialmente polas asociacións sociais que merecen que solucionemos canto antes este tema que incide de maneira importante na súa financiación e no seu funcionamento diario”. Ademais tamén deixou claro que “por fin a oposición recoñece a importancia que estas axudas teñen para o tecido asociativo e coas que se desenvolven diversos proxectos na cidade”.

Estas mesmas, son as que se incluían nos orzamentos para o 2014 e que foron rexeitadas no seu momento tanto polo PP como polo BNG e que tiveron que rectificar pola presión exercida polas diferentes asociacións sociais, culturais ou deportivas”, segundo explicou Sonia Méndez.

Plan Urban
A Concelleira de Economía tamén fixo un balance das axudas que o Plan Urban, que teñen o cofinanciamento dos fondos FEDER da Unión Europea, concedeu dende o seu inicio para autónomos e pequenos comercios do centro histórico de Lugo.

Dende o 2009 concedéronse un total de 134 axudas por un importe de 395.000 euros ademais dos 800.000 euros investidos polos propios comerciantes, “o que supón un movemento económico importante na cidade non só para os comerciantes senón para todas as empresas que participaron nas propias reformas”. Ademais con esas axudas creáronse un total de 21 novas empresas que, a súa vez, propiciaron a creación de 30 novos postos de traballo dos que 17 eran mulleres.

A responsable da área económica explicou que “con estes datos queremos demostrar a importancia que teñen este tipo de axudas e o impulso que se lle deu aos comerciantes  motivo polo cal consideramos moi importante que a Xunta aclare canto antes se os Concello podemos continuar apoiando aos autónomos e as empresas pequenas como queremos seguir facendo”.
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova