Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Goberno local de Lugo felicítase polo levantamento do segredo do sumario da operación Pokémon


# Venres, 31/01/2014
Esta decisión do Xulgado permitirá, por fin, ó Alcalde de Lugo exercer o seu dereito de defensa fronte ás persoas que o difamaron ou utilizaron indebidamente a súa figura

O Goberno local  de Lugo congratúlase porque, despois de máis dun ano e tras telo solicitado oficial e públicamente con insistencia, por fin se teña levantado o segredo do sumario da chamada operación Pokémon e confiamos en que esta medida nos permita coñecer na súa integridade as falsas acusacións que nel se poidan ter verquido sobre o Alcalde da nosa cidade.

O Goberno local de Lugo destaca que esta decisión da Súa Señoría vainos permitir, por fin, coñecer quen ou quenes teñen difamado desta volta con falsas acusacións ó Alcalde da cidade de Lugo. Asimesmo, este Goberno local aproveita para anunciar que, sen dúbida, o Alcalde exercerá todas as accións legais contra aquelas persoas que, nesta causa, o teñan acusado de calquera tipo de delicto.

Á espera de coñecer polo miudo o contido das dilixencias xudiciais sobre as que se levantou o segredo, se elo confirma as distintas novas que nos últimos meses foron publicando os distintos medios de comunicación, este Goberno local asume que José López Orozco ten sido vítima dunha utilización indebida da súa figura pública.

Os lucenses deben ter a seguridade de que, se alguén acusou ó Alcalde da nosa cidade de ter cometido, no exercizo do seu cargo, algún feito inmoral, indebido ou pouco ético, minte. Por esa razón, será imposible que ninguén poida acreditar tales falsedades. Pola contra, a defensa de López Orozco terá agora a oportunidade de desmontar calquera posible utilización escandalosa da súa figura.

O Goberno local lembra que, como xa ten dito López Orozco en numerosas ocasións, ó Alcalde de Lugo nunca ninguén, direta nin indiretamente nin por persoa interposta, lle fixo chegar xamais ningún tipo de ofrecemento ou contraprestación económica.

O Equipo de Goberno de Lugo, no nome do Alcalde da nosa cidade, quere agradecer hoxe, de novo, as numerosas mostras de apoio e afecto que ten recibido José López Orozco, neste tempo, por parte de centos de cidadáns de Lugo e, tamén, a solidariedade e cariño que lle teñen expresado sempre dende o Partido Socialista, e quere destacar que todas esas mostras de confianza que verán compensadas absolutamente cando a Xustiza se pronuncie.

Por último, o Goberno local anuncia que o Alcalde de Lugo comparecerá ante a opinión pública tan pronto teñamos a ocasión de coñecer o contido das dilixencias xudiciais das que se vén de alzar o segredo do sumario.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova