Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo defende a súa honorabilidade fronte as mentiras de quenes se atrevan a dicir que cobrou algún suborno


# Luns, 03/02/2014


Imaxe Asociada
López Orozco anuncia que non tolerará que as maledicencias e as mentiras desestabilicen o Concello de Lugo e advirte que lle terán que pedir perdón quenes o están a condenar sen probas, que non aparecen no sumario porque non existen

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, volveu defender hoxe a súa honorabilidade nunha comparecencia pública na que saiu ó paso das acusacións infundadas que se volven facer sobre él tralo levantamento parcial do segredo do sumario da operación Pokémon.

O Alcalde afirmou contundentemente que nunca cometeu ningún delicto nin irregularidade de ningún tipo, nin cobrou subornos de ningunha empresa nin persoa particular e tampouco deu nin recibiu ningún trato de favor a ninguén.

Por ese motivo, porque son falsas todas esas acusacións, López Orozco desbotou a posibilidade de deixar a Alcaldía de Lugo e advertiu que as persoas que o están a condenar sen probas terán que lle pedir perdón cando a Xustiza se pronuncie.

Tamén salientou que no sumario non aparecen probas de que teña cobrado subornos polo simple feito de que nunca pasou tal.

Subornos que nunca existiron

“O venres produciuse un feito desexado e esperado, pero coa sorpresa de que se fai o levantamento do segredo do sumario por fascículos”, sinalou o Alcalde e destacou que “de momento, o levantamento do segredo do sumario non foi tal, levantouse o segredo do que nunca foi segredo”.

“Como no día da marmota, volveuse publicar o mesmo que hai máis dun ano e que desmentín daquela nas miñas declaracións no Xulgado, que aínda seguen baixo segredo do sumario”, explicou López Orozco.

“Máis pronto ou máis tarde unhas poucas persoas terán que pedirme perdón por terme crucificado sen probas e non hai probas porque non as pode haber”, afirmou rotundamente o Alcalde e remarcou que “hoxe, como daquela, a verdade segue a ser a mesma: eu vivo do meu salario, que me pagan os cidadáns de Lugo cos seus impostos, nin máis nin menos”.

Ademais o Alcalde reiterou, unha vez máis, que “eu nunca aceptei nin me ofreceron ningún suborno de ningunha empresa nin de ningunha persoa particular e nunca dei nin recibin trato de favor”.

“Minte quen diga o contrario e terá que responder das súas mentiras no Xulgado”, anunciou e manifestou tamén que “lle dei ordes ós meus avogados para que, tan pronto coñezamos o conxunto do sumario, denuncien a quen dun xeito infame me calumniou ou mentiu sobre a miña persoa”.

Impermeable ás maledicencias

O Alcalde desbotou a posibilidade de renunciar ó cargo por ser vítima destas maledicencias e manifestou “antes de que mo pregunten, xa lles digo que, hoxe como hai un ano, son impermeable ás maledicencias e, polo tanto, non abandonarei a miña responsabilidade e o meu compromiso cos veciños de Lugo”.

“Non dimito porque, afortunadamente, son unha persoa forte”, dixo o Alcalde que explicou deseguido que “non o estou pasando ben, como vostedes comprenderán, pero teño a fortaleza da miña inocencia e iso dame a forza suficiente para resistir esas maledicencias; é máis, dame a forza para que non se vulnere a Constitución e o Estado de Dereito”.
 
“Estouno pasando mal pero teño a fortaleza da miña inocencia e teño que defendela, polos cidadáns de Lugo e por esta institución que presido”, sinalou antes de manifestar que “teño o apoio da miña xente e, sobre todo, só hai unha verdade e non vou tolerar que as mentiras desestabilicen ó Concello de Lugo”.

O Alcalde rematou a súa intervención ante os medios de comunicación sinalando “en resumen, nin sobres, nin sobornos nin enchufes, nin cohecho, nin prevaricación; eu non cometín ningún delicto nin irregularidade por máis que se empeñen algúns” e tamén sinalou que “é posible que cando actúe a Xustiza teña que pedir perdón, porque igual hai alguén que traicionou a miña confianza, pero xa lles digo que é seguro que me terán que pedir perdón a mín quenes me condenaron sen probas.
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova