Imprimir

O CONCELLO PIDE Á XUNTA QUE SE SUME Ó ANIVERSARIO DE CÉSAR AUGUSTO COAS OBRAS DO MUSEO DA ROMANIZACIÓN


3/2/2014  

A Concelleira de Cultura, Carmen Basadre, pediu hoxe á Xunta de Galicia que comece este ano as obras do Museo da Romanización e que bautice o Museo co nome do emperador César Augusto, xa que en 2014 ano se celebra o bimilenario do falecemento do emperador romano que fundou Lugo.

O Concello de Lugo aprobou hoxe por unanimidade facer un programa de actividades para conmemorar o bimilenario do falecemento do emperador César Augusto e Carmen Basadre anunciou que pedirá a colaboración económica da Consellería de Cultura para a organización destes actos.