Cargando....
Concello de Lugo
16/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O luns comeza unha nova edición do programa Almorzos Saudables no que participan os 23 colexios de primaria da cidade


# Mércores, 05/02/2014
Nestes once anos de proxecto pasaron máis de 25.000 nenos e neas de entre 5 e 8 anos que coñeceron os beneficios de almorzar de maneira saudable

Imaxe Asociada
O Concelleiro de Servizos Xerais e Participación Cidadá, Manuel Núñez, presentou a undécima edición do programa de Almorzos Saudables que comeza o próximo luns 10 de febreiro no CEIP Illa Verde. Esta actividades está dirixida a nenos e nenas de entre 5 e 8 anos, para que coñezan a maneira máis saudable de alimentarse e evitar os malos hábitos.

Manuel Núñez manifestou que “nos colexios se está apreciando que cada vez máis nenos e nenas non toman o almorzo ou que incluso non levan nada para o recreo, en algúns casos motivados pola crise económica, por iso queremos concienciar aos máis pequenos da importancia desa comida”. Este ano, os nenos e nenas, ademais de aprender os valores nutricionais tamén poderán desfruta de teatro de monicreques que terá como figura principal a Dona Enriqueta, que ven a sustituir a anterior mascota, Cunquín.

Os obxectivos desta campaña é conseguir que os rapaces almorcen e ademais que o fagan do xeito máis saudable, cun produto lácteo, que será fresco do día e que aportará o grupo Lactalis/Puleva, froita, iogures e zumes de Eroski Vegalsa, e cereais ou pan de Ingapan. Este ano tamén se inclúe o mel natural que aportan a Asociación Provincial Lucense de Apicultores e, por primeira vez, un postre de leite e chocolate de Quescrem.

O programa Almorzos Saudables visitará os seguintes colexios ata o 4 de abril:

- 10 e 11 de febreiro.- Colexio Público Illa Verde
- 12 de febreiro. - Colexio As mercedes
- 13 de febreiro.- Colexio infantil Fingoi 2
- 14 a 17 de febreiro.- Colexio Anexa
- 18 de febreiro.- Colexio Fingoi
- 19, 20 e 21 de febreiro.- Colexio Quiroga Ballesteros
- 24 de febreiro.- Colexio Virxen da Soidade de As Gándaras
- 25-26 de febreiro.- Colexio María Auxiliadora
- 27 de febreiro.- Colexio Cervantes
- 6 e 7 de marzo.- Colexio Menéndez Pelayo
- 10 de marzo.- Colexio de Casás
- 11 de marzo.- Colexio Divino Maestro
- 12 de marzo.- Colexio Milagrosa
- 13 e 14 de marzo.- Colexio Padres Franciscanos
- 17 e 18 de marzo.- Colexio Paradai
- 19, 20 e 21 de marzo.- Colexio Luis Pimentel
- 24 e 25 de marzo.- Colexio Rosalía de Castro
- 26 e 27 de marzo.- Colexio Salesianos Divina Pastora
- 28 de marzo. - Colexio Manuel Mallo
- 31 de marzo.- Colexio de Albeiros
- 1 de abril.- Colexio da Ponte
- 2 e 3 de abril.- Colexio Maristas
- 4 de abril.  - Colexio Galén


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova